Domingo, 19 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Gondomar prepara a II edición dos Encontros de Fotografía Dixital Domingo Pío Quintas Núñez

Gondomar prepara a II edición dos Encontros de Fotografía Dixital Domingo Pío Quintas Núñez

Correo-e Imprimir PDF
concello_gondomar

A Concellería de Cultura do Concello de Gondomar, dirixida por Ignacio Troncoso, anuncia a celebración da segunda edición dos Encontros de Fotografía Dixital Domingo Pío Quintas Núñez, que este ano chega cargada de novidades con respecto á edición de 2010, celebrada no mes de setembro. As actividades darán comezo a mediados de xuño e prolongaranse durante varias semanas. Así, os Encontros de Fotografía Dixital serán un dos grandes atractivos da programación cultural do verán de Gondomar.

Con esta iniciativa a Concellería de Cultura quere converter a Gondomar nunha referencia para os amantes, profesionais e afeccionados a esta disciplina artística, que ata o de agora non contaba con ningún certame destas características no sur da provincia.

A Concellería de Cultura publicará en breve as bases que regulan a participación nos Encontros de Fotografía Dixital co obxectivo de que os fotógrafos –profesionais ou afeccionados- que o desexen remitan os seus traballos de cara a formar parte da mostra ao aire libre deste ano. As series dos fotógrafos seleccionados se complementarán coas enviadas por outros certames similares (Granada, Chaves e Braga –Portugal-, Arlés –Francia- ou México) cos que o Departamento de Cultura entrou en contacto.

Desta forma celebrarase unha noite especial de proxeccións cos traballos procedentes doutros festivais, e ao mesmo tempo Gondomar estará presente nas programacións destas mostras a través dos fotógrafos que proxectaron os seus traballos o ano pasado. Con este intercambio, habitual entre festivais destas características, séntase ás bases para que os Encontros Domingo Pío Quintas Núñez se consoliden como unha referencia a nivel galego e nacional.

A mostra incluirá este ano diversas actividades paralelas que complementarán ás proxeccións ao aire libre que terán lugar nas noites dos venres 1 e 8 e sábados 2 e 9 de xullo. É o caso das exposicións fotográficas que acollerán diversos espacios de Gondomar co traballo dos fotógrafos participantes na primeira edición do certame e o maratón fotográfico que, baixo o tema das alfombras de Corpus e a grande tradición desta celebración en Gondomar, terá lugar o sábado 25 e o domingo 26 de xuño.

Catálogo

Por oura banda, a Concellería de Cultura ultima a edición do catálogo que recollerá unha seleccións dos traballos presentados polos fotógrafos que participaron na primeira edición dos Encontos de Fotografía Dixital Domingo Pío Quintas Núñez: Álvaro Sanz –Miradas de Caracol-, Manikarnika, Brunheira, Hugo Aboal, Miguel Carbajal y Carlos Castos.

A tirada será de 1.000 exemplares e poderase adquirir nos puntos de exposición de fotografías durante o transcurso do certame deste ano.