Venres, 17 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Nigrán festexa o Día do Libro na Alameda da Ramallosa.

Nigrán festexa o Día do Libro na Alameda da Ramallosa.

Correo-e Imprimir PDF
rosaylibro

O 23 de abril de 1616 falecían Cervantes, Shakespeare e o Inca Garcilaso de la Vega. Tamén un 23 de abril naceron ou morreron outros escritores eminentes como Maurice Druon, K. Laxness, Vladimir Nabokov, Josep Pla ou Manuel Mejía Vallejo. Por este motivo, esta data tan simbólica para a literatura universal foi a escollida pola Conferencia Xeral da UNESCO para render unha homenaxe mundial ao libro e seus autores e alentar a todos e todas, en particular aos máis novos, a descubrir o pracer da lectura e respectar a irreemplazable contribución dos creadores ao progreso social e cultural. A idea de esta celebración partiu de Cataluña, dende este día é tradicional regalar unha rosa ao comprador dun libro.

O éxito de esta iniciativa depende fundamentalmente do apoio que reciba dos medios interesados (autores, editores, libreiros, educadores e bibliotecarios, entidades públicas e privadas, organizacións non gobernamentais e medios de comunicación), mobilizados en cada localidade e o Concello de Nigrán, as libreiras de Nigrán e os autores farán do día do Libro un referente Cultural aberto a todos os cidadáns.

ACTOS sábado 23 abril - Alameda de San Campio de A Ramallosa

11,00 horas,             Talleres de Papiroflexia e venta de libros a través da colaboración da Librería de Nigrán “Paraísos de Papel”

17,00 horas              O Periodista e Escritor Víctor Manuel Iglesias Viqueira asinará exemplares do seu novo libro no stand de Paraísos de Papel.

18,00 horas              A Compañía de Títeres “Micronimia” representará unha obra dirixida a maiores e sobre todo aos máis pequenos aos que se lles regalará, a todos os nenos e nenas asistentes, un libro.

19,00 horas              A Poesía encherá a Praza de San Campio de A Ramallosa co recitado de Poemas a cargo do Grupo Brétema.

20,00 horas              Remataremos a Celebración do Día do Libro coa actuación en directo da Cantautora Isabel Pérez.