Venres, 3 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura A Banda municipal de Baiona celebrou o seu 15º aniversario coa presentación dun disco.

A Banda municipal de Baiona celebrou o seu 15º aniversario coa presentación dun disco.

Correo-e Imprimir PDF

A Banda municipal de Baiona presentou publicamente o seu primeiro disco coincidindo coa celebración do décimo quinto aniversario da súa fundación. No CD inclúense nove temas inéditos cuxa autoría corresponde ao director da formación musical Gabriel Rodríguez Rodríguez. O Auditorio V Centenario, a rebordar de público, foi o escenario elixido pola agrupación baionesa para dar a coñecer o contido da gravación na que tamén participou o coro de homes Voces Baionesas.

No transcurso do acto tamén se entregaron insignias conmemorativas a 14 dos compoñentes da banda que forman parte de mesma desde os seus comezos. Con iso, o concello quixo recoñecer o esforzo e dedicación dos músicos que desde fai 15 anos dedican o seu tempo á formación.

Actualmente a Asociación Cultural Banda de Música de Baiona segue baixo a batuta de Gabriel Rodríguez. Está integrada por 56 compoñentes que seguen traballando en novos repertorios de estilos moi diferentes, a hainos que engadir composicións do propio director.