Venres, 17 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Galicia ofrece aos internautas a posibilidade de facer unha viaxe virtual por 32 mosteiros da autonomía.

Galicia ofrece aos internautas a posibilidade de facer unha viaxe virtual por 32 mosteiros da autonomía.

Correo-e Imprimir PDF
Mosteiro de Oia

A partir de hoxe pódese realizar un paseo virtual polos principais mosteiros de Galicia. Trátase de visitas fotográficas en 360 graos que posibilitan desenvolver auténticas tours turísticas para visualizar e apreciar os recursos e detalles arquitectónicos de 32 mosteiros da Comunidade galega. A experiencia pódese realizar a través da páxina web da Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, Turgalicia, www.turgalicia.es, dependente da Secretaría Xeral para o Turismo da Xunta.

A visita realízase a través de imaxes inmersivas e esféricas, o que permite ao visitante internarse en todas as estancias do mosteiro como capelas, claustros ou refectorios, facer xiros, e enfocar detalles. O visitante que entre neste apartado poderá elixir un mosteiro e interactuar. Poderá moverse en calquera dirección, facer achegamentos (zoom), xiros ou pararse nos detalles. O movemento automático, a visión a pantalla completa e o son ambiente son outras das características que sorprenderán ao visitante.