Sábado, 27 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura O escritor Emilio Alonso presenta o seu libro "Vigo a 80 revolucións por minuto" en Gondomar.

O escritor Emilio Alonso presenta o seu libro "Vigo a 80 revolucións por minuto" en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
vigo

Gondomar será unha vez máis escenario da presentación dunha nova obra literaria galega. Neste caso trátase de Vigo a 80 revolucións por minuto (Edicións Xerais, 2011), do escritor Emilio Alonso. O acto terá lugar o vindeiro venres 24 na libraría Libraida (Rúa Rosalía de Castro, nº13)ás 20.30 horas.

 

Vigo a 80 revolucións por minuto foi editada en novembro do ano pasado. Trátase dunha crónica da movida viguesa da década dos 80. Nesta obra, cunha extensa e variada documentación gráfica e xornalística, ademais de falar da música, parte esencial da movida, concédeselle a relevancia que merece a outras disciplinas como a poesía, a pintura, a moda, a fotografia e o cine.

O autor

Emilio Alonso (Madrid, 1958). Durante a década dos 80 realizou os programas de radio Montaje Curioso , A Trincheira (Radiocadena Española-Vigo e RNE-Radio 4-Galicia); foi coordinador da revista Tintimán, correspondente en Galicia de Rock de Lux e guionista e copresentador do concurso musical Racha coas Ondas (TVE-Galicia); elaborou unha páxina semanal de información musical en Diario 16 de Galicia e colaborou con outras publicacións, como Faro de Vigo, Atlántico Diario, La Naval, Valiundiez, Escupe