Venres, 26 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Alumnos, profesores e pais ateigan o Lois Tobío na entrega dos premios do X Certame Literario D. Diego Sarmiento de Acuña

Alumnos, profesores e pais ateigan o Lois Tobío na entrega dos premios do X Certame Literario D. Diego Sarmiento de Acuña

Correo-e Imprimir PDF
certame-conde-gondomar-3
certame-conde-gondomar-1
certam-conde-gondomar-2
  • Anterior
  • 1 of 3
  • Seguinte

-O tradicional certame literario escolar de Gondomar organizado polo Concello de Gondomar coa colaboración do Instituto de Estudos Miñoranos pechou este martes 19 de xuño, coa entrega de premios na súa décima edición.

-Os gañadores foron obsequiados cun cheque en metálico para consumir no comercio local de Gondomar

Máis de 200 alumnos, profesores e país ateigaron o pasado martes o Auditorio Lois Tobío na entrega de premios do X Certame Literario D. Diego Sarmiento de Acuña, organizado polo Concello de Gondomar coa colaboración do Instituto de Estudos Miñorano.

Despois da lectura a cargo dos gañadores de fragmentos das súas obras, Pinga Teatro puxo en escena Casting Tour, unha obra interactiva e moi divertida que converteu aos propios alumnos en protagonistas e actores do espectáculo.

A concelleira de Educación e Comercio, Paula Bouzos (responsable do certame), destacou a importancia deste premio, do que corre xa a súa décima edición, e manifestou o seu compromiso por facelo medrar e convertelo nun dos referente literarios entre os mozos e mozas de Gondomar. Bouzos fixo ademais unha valoración "moi positiva" tanto da participación por parte do alumnado como do propio acto que cualificou de "éxito rotundo".

Ademais do agasallo que recibiron todos os nenos participantes no certame, os gañadores foron obsequiados cun cheque en vales para consumir no comercio local de Gondomar.

Nove premiados

O certame, que engloba tanto a modalidade de poesía como de narrativa establece tres categorías en función da idade. Na edición deste ano, na que concorreron traballos de cerca dun centenar de alumnos, na primeira das categorías, para rapaces de 5º e 6º de Primaria fixéronse co primeiro premio Anahí Barros Vidal, pola obra Pesadelos, e David Álvarez Abal, pola obra O loro peito, na modalidade de poesía, mentres que na modalidade de narrativa foi para para Javier Comesaña Franco por Misterio no Monte Galiñero.

Na segunda categoria, para alumnos de 2º e 3º da ESO, na modalidade de poesía o premio recaeu en Rafael Andrés Davila Freitas, pola obra Nenos de carbón, e na de narrativa para Adela Conde, de Terra Turonio, por Rías vermellas.

Na última das categorías, para alumnos de 4º da Eso e Bacharelato, Alberto Martínez dos Ponte fíxose co primeiro premio con Prisma quebrado, mentres que Sandra Urgal Domínguez recibiu por Doce Milidia que Arriba o segundo premio ex aequo con Kevin Diz Coello pola obra Galiza. Pola súa banda, Adrián Beneyto fíxose co galardón na categoría de narrativa por Río.

Os premiados liron un fragmento das súas obras e todos os participantes recibiron un agasallo. Presentación do libro do certame

Durante o acto presentouse ademais o libro X Certame Literario D. Diego Sarmiento de Acuña, editado polo Concello, que recolle todas as obras gañadoras desta edición e que ofrece ademais un percorrido pola historia do Condado de Gondomar e o seu pazo.

O acto contou coa presenza do actual Conde de Gondomar, Gonzalo Fernández de Córdoba, o alcalde do concello, Fernando Guitián, a concelleira de Educación Paula Bouzos, a concelleira de Deportes, Natalia Salgueiro e o mestre Miguel Anxo Mouriño en representación do IEM.