Sábado, 27 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Unha viaxe no tempo pola Serra do Galiñeiro e o curro de Morgadáns.

Unha viaxe no tempo pola Serra do Galiñeiro e o curro de Morgadáns.

Correo-e Imprimir PDF
subida-al-galinheiro

É un día soleado e abraia o refulxir das Gaias da Serra do Galiñeiro. José Quintas Núñez, cineasta afeccionado, achégase dende A Guarda e trepa por Vincios para capturar a paisaxe que ofrece nese ano de 1978 este espazo senlleiro do Val Miñor. Pola súa cámara van desfilando as canteiras de O Porriño, o Coto do Mediodía, para deterse no Coto da Zorra, onde por breves segundos pódese observar a caseta forestal. Trasládase ao punto xeodésico (A Botella) para enfocar a cámara outra vez ás Gaias e dende alí remata o paseo na aldea de Zamáns. A titulou "Subida al Galiñeiro"

Dim lights Embed Embed this video on your site

Esta viaxe no tempo hoxe é posible de realizar por outros espazos da bisbarra e contorna grazas ao traballo de localización e inventariado da filmoteca da Guarda e o Baixo Miño que está a desenvolver o Proxecto Socheo. Un equipo que propón impulsar o eido audiovisual dun xeito colectivo e aberto cara a súa difusión "sen restricións, cara o mundo".
Na web do Proxecto Socheo pódense visionar entre outras xoias dúas escenas do curro de Morgadáns, dos anos 1976 e 1978, tamén filmadas por José Quintas Núñez.

Dim lights Embed Embed this video on your site

 

Dim lights Embed Embed this video on your site