Como xa é tradicional no verán o Instituto de Estudos Miñoranos (IEM) organiza unha serie de visitas-guiadas ou Xeiras a distintos lugares de especial interese histórico, artístico, natural e paisaxístico do Val de Miñor e a súa contorna, dirixidos por especialistas no tema da visita. Para esta edición 2014 preséntanse once percorridos dos cales catro deles serán en barco.
Data | Saída | Guías | Punto de encontro |
2 xullo, mércores, 17.00h | A Groba: Da Cruz de Pau ao Chan do Cereixo | Xilberte Manso, Pura González Martínez, Xosé Ramón García | Local do IEM. Prezo do bus, 5 € |
9 xullo, mércores, 21.15h | Ruta marítima por Baiona* | Xosé Lois Vilar | Porto de Baiona |
17 xullo, xoves, 17.30h | Xeira por Mañufe: das Escolas pro Val ao Pazo de Moldes | Antonio Soliño, Carlos Méixome | Local do IEM |
23 xullo, mércores, 21.15h | Ruta de naufraxios polo mar de Cíes* | Xosé Lois Vilar | Porto de Baiona |
30 xullo, mércores, 21.00h | Noite de estrelas e lobos | Xosé Lois Vilar, Gustavo Sanromán, Xilberte Manso, | Chan da Lagoa |
6 agosto, mércores, 21.15h | Ruta marítima Baiona-Oia* | Xosé Lois Vilar | Porto de Baiona |
13 agosto, mércores, 17.30h | Parada na Idade Media: Sueiro Iañez | Antonio Soliño, Carlos Méixome | Local do IEM |
20 agosto mércores, 21.15h | Ruta marítima á illa de Ons* | Xosé Lois Vilar | Porto de Baiona |
22 agosto, venres, 17.30h | O Gondomar do Antigo Réxime | Antonio Soliño | Local do IEM |
27 agosto, mércores, 17.30h | A Fraga de Oliveira | Xilberte Manso, Xosé Ramón García | Praza de Abastos de Sabarís |
3 setembro, mércores, 19.30h | A arquitectura de Bar Bóo en Gondomar | Antonio Soliño, Rosa Mouriño | Local do IEM |
Local do IEM: Aula de Cultura Ponte de Rosas. Avda. da Feira 10, baixo, |
Requisitos para asistir ás Xeiras marítimas.
Para asistir a estas catro Rutas marítimas é preciso abonar previamente a viaxe na conta do IEM (2080.5035.07.3040014164, de Novagalicia Banco), coa palabra BARCO e o día (por exemplo “Barco 06/08”) en “Concepto”.
Este abono deberá ser confirmado 48 horas antes da saída por correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo , ou no teléfono (986360575), en ambos casos deixando un teléfono de contacto. Deberase dar o nome de todos os viaxeiros, e indicar se algún é menor de idade. Non se admitirá a bordo a ninguén que non cumpra estas condicións. Prezos: 12 €; Socios do IEM, 10 €. Menores de 12 anos, 10 €. Nestas rutas marítimas a organización resérvase o dereito de anular a saída de non acadarse o mínimo de 100 viaxeiros.