Luns, 29 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura A xeira marítima do IEM emitida por internet, seguida dende 12 países

A xeira marítima do IEM emitida por internet, seguida dende 12 países

Correo-e Imprimir PDF
Momento da emisión no barco co solpor nas Cíes

A emisión conseguiu acadar o interese de medio milleiro de persoas de doce países que escoitaron as explicacións do arqueólogo Xose Lois Vilar sobre a talasonímia e os afundimentos na costa entre Baiona e as Cíes.

Os nomes do mar e o solpor nas illas Cíes foron seguidos no resto de España, Bélxica, Arxentina, Noruega, Portugal, Reino Unido, Suiza, Alemania, Andorra, Irlanda, Turquía e Estados Unidos.

 

"Foi a primeira vez, e como tal aparellaba un cúmulo de desafíos a enfrontar, técnicos e humanos ao longo do percorrido." O equipo da empresa miñorán  K12 Comunicación, instalou unha cámara, micro e un sistema de emisión portátil a bordo do barco.

Durante dúas horas, os seguidores poideron ver a saída do barco en directo dende a ensenada de Baiona até a inmediación das illas Cíes fronte á praia de Rodas onde o solpor detrás das illas embelesou aos asistentes.

As ondas de dous metros e as rachas de vento non impediron o seguimento da ruta que de volta, mostrou todo o frente da costa do Val Miñor, dende Cabo Silleiro ata a Praia de Patos.

O arqueólogo Xose Lois Vilar foi narrando cada un dos puntos do mar e as marcas de terra pola que os mariñeiros guíabanse antes da chegada dos GPS e as sondas. Cabos, penedos, illotes, cumios, ... todo perfectamente nomeado para sinalizar perigos, puntos e auga doce, zonas de pesca, zonas perigosas, portas de entrada, ... Unha orografía agochada no mar.


As dificulatades técnicas propias desta tecnoloxía de emisión veñen dada polas comunicacións e o atoparse nun punto de emisión e constante movemento. Pese aos cortes das zonas de sombra no paso pola Porta, entre Monteferro e As Estelas, as imaxes foron quen de acadar a atención das persoas que seguiron en directo a travesía coa profunda voz de fondo de Xosé Lois que tamén engaiola na cámara

Achegamos aquí os vídeos do que foi a emisión.