Venres, 26 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Comuñeiros de Santa María de Oia queren recuperar o castro de Chavela.

Comuñeiros de Santa María de Oia queren recuperar o castro de Chavela.

Correo-e Imprimir PDF
mosteiro-dende-chavella

Un traballo de conservación e estudo do castro de Chavela (Oia) dará comezo esta semana por parte da Comunidade de Montes de Santa María de Oia e co apoio da Asociación Cultural Amigos do Mosteiro de Oia. Os colectivos desenvolverán unha medición do xacemento co obxectivo de coñecer as súas dimensións. Tamén se practicarán traballos de limpeza e mantemento para facilitar o acceso e mellor goce do xacemento por parte dos visitantes. Os promotores da intervención informan que contan cos preceptivos permisos da Dirección de Patrimonio da Xunta de Galicia