Venres, 26 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Catro obras compiten como finalistas do VII Premio de Poesía Victoriano Taibo - Entidade Local de Morgadáns.

Catro obras compiten como finalistas do VII Premio de Poesía Victoriano Taibo - Entidade Local de Morgadáns.

Correo-e Imprimir PDF
obras-vt-web

Finalmente o xurado elixiu 4 obras como finalistas de entre os 49 orixinais aspirantes a conseguir o VII Premio de Poesía Victoriano Taibo - Entidade Local de Morgadáns. Trátase dos títulos Home Invisíbel, O caderno amarelo, Teoría contaminada do reality show e Onde as mulleres se chaman Galiza . O vindeiro venres 12 de setembro darase a coñecer cal dos catro  é o gañador desta convocatoria cuxo ciclo pecharase na primeira quincena de novembro coa celebración do acto de entrega do premio, dotado con 3000 €, unha estatua conmemorativa da autoría de Fino Lorenzo e a publicación do libro na colección Victoriano Taibo do IEM.

O xurado do VII Premio de Poesía Victoriano Taibo - Entidade Local de Morgadáns, deliberou este luns 8 de setembro na Aula de Cultura Ponte de Rosas, sede do IEM. A obra premiada e nome do autor será dado a coñecer publicamente o vindeiro venres cando o xurado emita o seu veredicto final.