Venres, 26 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Entrevista a Hunter Party, música electrónica feita no Val Miñor.

Entrevista a Hunter Party, música electrónica feita no Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF
6665 646176802147101 6556176917412181829 n

Chega o outono e aínda golpean os ecos da festa electrónica do verán na Casa do Cazador, nos montes de Gondomar. Era a noite da gran lúa e sen subvencións nin publicidade nos medios, a puro chío nas redes e “whatsapp” xuntáronse máis de trescentas persoas para vivir unha xornada de música NON STOP de máis de 8 horas. Todo organizado por un grupo de mozas e mozos do Val Miñor, creativos e amantes da música. Hunters Party é o nome deste colectivo que xa conta con DJs residentes como Dead Monkeys e D'Duo π, con cartel e prestixio entre os seareiros do xénero en Galicia.  

Co colectivo faolou VM.info para coñecer un pouquiño máis das súas andainas.

VM - Como podemos definir un colectivos como Hunters Party?

Hunter Party - Somos un colectivo sen ánimo de lucro, que buscamos ofertar unha alternativa canto a música electrónica na zona.

VM -Cantas persoas integran o grupo?

HP- A Hunters Party está formada por once amigos de entre dezaoito e vinte e tres anos, coas responsabilidades  diferenciadas segundo os seus coñecementos.

VM- Que debemos entender os non iniciados cando falades de “DJs residentes”?

HP- Son artistas que pertencen o mesmo colectivo organizador. O resto de artistas, son Djs invitados

VM- Cal é o xeito creativo desta modalidade artística?

 HP- Intentase crear un ambiente en constante aumento de motivación.

VM- Canto tempo de traballo dedican á preparación dunha festa como a do verán?

HP-  Nosos artistas traballan a diario. É necesario afondar en diversos selos discográficos para así poder crear unha biblioteca persoal propia, acto seguido, hai que ensaiar, producir e crear as sesións.

VM -Cantos temas ou cancións se “pinchan” por sesión?

HP-  Non se pode dicir un número exacto de temas. Depende do tempo que dispón o artista para actuar. No noso último evento os artistas pincharon entre cincuenta e unha hora e vinte.

VM -Poden vivir disto como fonte de traballo?

HP - Na actualidade, no nivel no que nos atopamos, non da para vivir disto.

VM - Cómo responde o Val Miñor ás convocatorias da música electrónica?

HP - Cada ano estamos máis sorprendidos, da  gran acollida que ten o noso evento. Este ano tivemos superado as trescentas persoas e xa estamos a pensar en novas ideas para aumentar, con creces, esas cifras. Creemos que o principal motivo de éxito é que ofertamos unha alternativa de música electrónica de calidade e totalmente gratuíta.

Nos próximos días a Hunter Party participará como colectivo colaborador da viguesa Invasive Sessions dunha xornada que levará 10 horas de música na zona do Campo da Feira de Gondomar. Nela estarán  Dead Monkeys y D'Duo π, pinchando en colaboración con recoñecidos artistas como El Puto Coke, DJ Ivi, Lexsout entre outros.

 

Seareiros do país na derradeira EDP BEACH PARTY 2014 de Matosinhos