A LIBRERIA LIBRAIDA e o INSTITUTO DE ESTUDOS MIÃ?ORANOS
organizan nunha actividade novedosa no Val Miñor
AS TERTULIAS LITERARIAS
"QUEREMOS TANTO AOS LIBROS "
Darán comezo o dÃa 5 de Agosto, ás 20:30H na LIBRERÃ?A LIBRAIDA
( Rua RosalÃa de Castro 13, Gondomar ).
A nosa primeira proposta é:
IDENTIDADES ASESINAS de AMIN MAALOUF
con XULIAN MAURE.
Continuaremos o 2 de Setembro, ás 20:30 horas, con:
BUENO PARA COMER de MARVIN HARRIS
con CARLOS MEIXOME.
AnÃmate a participar, lendo os libros, achegándote ás tertulias, propoñendo libros e relatores...
E sobre todo dándote de alta co teu correo electrónico para que che enviemos toda a información dos actos que organicemos, e as convocatorias correspondentes.
OS TÃ?TULOS DAS TERTULIAS PODERÃ?S ENCONTRALOS EN LIBRAIDA
LibrerÃa Libraida : RosalÃa de Castro 13, Gondomar - T. 986 389199 Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo
Amin Maalouf
LÃbano, 1949
Un ciudadán da escrita.
Autor libanés residente en Francia, gañador do Premio Goncourt en 1993. Coñecedor da lingua árabe e a francesa, de familia musulmá e cristiá, Maalouf é un dos novelistas que maior atención prestou á cultura mediterránea. As súas novelas sempre xiran arredor da la xeografÃa, a historia e os conflitos relixiosos no Mediterráneo. O Mediterráneo aparece sempre presentado, nas súas obras, como lugar de encontro entre culturas, como espazo simbólico de convivencia e tolerancia. O seu maior éxito ata agora acadouno coa publicación da novela histórica León o africano, pero toda a sú obra mereceu un gran recoñecemento. A súa última novela é A viaxe de Baldassare e a súa obra narrativa posúe un oportuno complemento co magnÃfico ensaio Identidades asasinas. Nel expón a idea que preside toda a súa obra de ficción ao propor unha defensa do respecto ás culturas minoritarias e ou minorizadas. Defende a integración relixiosa e cultural co marco do Mediterráneo como fondo.
Xulián Maure
Vigo, 1941.
Un intelectual entre nós.
O profesor Maure, váinos introducir na obra de Amin Maalouf, da que é un bon coñecedor. Ã? especialista en LingüÃstica e FilosofÃa. Foi director do Instituto de Nigrán e editor pioneiro entre os galegos actuais. Xulián Maure foi o primeiro director e fundador de Edicións Xerais de Galicia; foi o responsable do libro na primeira Xunta de Galicia, co cargo de subdirector xeral. Promotor, fundador e Presidente da Asociación de Tradutores Galegos. Director da Biblioteca virtual (Bivir.com). Autor de Galicia sen libros. Informe sobre o libro galego (1987), e do libro Un novo camiño para unha vella utopÃa (Edicións do Cumio, 2004) no que reflexiona sobre asuntos concomitantes cos que Amin Maalouf trata nas súas obras.