Mércores, 8 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía O Concello de Gondomar ofrece 6 cursos gratuítos para mulleres empadroadas no municipio.

O Concello de Gondomar ofrece 6 cursos gratuítos para mulleres empadroadas no municipio.

Correo-e Imprimir PDF
cursos online_muller

Dende a Concellería de Igualdade e través do Centro de Información á Muller (CIM), informan que ponse en marcha a nova oferta formativa baixo a modalidade de formación "on-line". Como se ven facendo dende hai 5 anos os cursos serán gratuítos, de 85 horas de formación a excepción de "Prevención de riscos laborais" que é de 60 horas, e estarán destinados preferentemente a mulleres empregadas e desempregadas empadroadas no Concello de Gondomar. Nesta ocasión se conta cun total de 70 prazas que serán adxudicadas por orde de formalización de inscrición, sempre e cando se cumpran cos requisitos.

 

A oferta formativa deste ano será:

  • ­ Área de informática: Office 2007 e Open Office Writer, Calc e Base
  • ­ Área xestión contable: Contaplus, Nominaplus e Facturaplus
  • ­ Área de habilidades directivas: Uso profesional das redes sociais
  • ­ Área xurídica procedimental: Protección de datos e Prevención de riscos laborais básico
  • ­ Área igualdade de xénero: Educación para a igualdade de oportunidades
  • ­ Idiomas: Inglés intermedio

Para poder realizar algún destes cursos hai que formalizar a inscrición no Centro de Información ás Mulleres (CIM), na Casa da Cultura, telfs: 986 389 355 ou 986 360 224, e – mails: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo e Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo ata o día 18 de setembro.