-Os ocupantes aseguran que a única solución é política: "Dixémoslle a Gutián que tiña que elixir entre a fidelidade ao seus xefes do partido ou aos veciños de Gondomar"
-A coordinadora das plataformas comarcais anuncia a ocupación de tódolos concellos de Galicia gobernados polo PP, ao que responsabilizan da falla de vontade política para solucionar o problema.
-A ocupación se desenvolverá sen afectar o funcionamento das dependencias municipais
Sesenta persoas da Plataforma de afectados polas estafas das caixas galegas ocuparon a casa consistorial do Concello de Gondomar este venres sobre o medio día. A medida foi tomada logo de abandonar o caixeiro de NovaGalicia Banco no que se mantiveron pechadas en quendas dende o pasado 3 de decembro. Os ocupantes mantiveron unha xuntanza co alcalde Fernando Guitián ao que lle solicitaron que intermediara co seus xefes do Partido Popular "porque a solución a este problema é política", sinalaron membros da plataforma.
Nunha medida que estábase a planificar nas últimas horas, e logo de pasar a noite xunto con tres parlamentarios na sucursal bancaria, comezaron a levantar os efectos almacenados no caixeiro e trasladáronse ás portas do Concello. Inmediatamente ocuparon os distintos andares da casa consistorial e unha delegación de tres membros da plataforma de afectados mantiveron unha xuntanza co alcalde Guitián.
Julio Vicente (da Plataforma do Baixo Miño), e mais Josué Villar e Rocío Cambra (Gondomar), foron os encargados de transmitirlle ao alcalde Guitián as razoes da ocupación. "Dixémoslle a Gutián que tiña que elixir entre a fidelidade ao seus xefes do partido ou aos veciños de Gondomar", sinalaron Villar e Cambra en relación a súa demanda dunha solución final ao tema das preferentes. Unha esixencia á que Guitián respondeu afirmando que xa estaba dende semanas atrás traballando no tema, segundo as mesmas fontes.
A ocupación se desenvolverá sen afectar o funcionamento das dependencias municipais, sinalaron os ocupantes, os que salientaron que a ocupación se fixo e manterá de xeito pacífico. Nembargante a presenza dunha carpa e os enceres dos afectados xa ofrecen unha nova paisaxe á Paradela.
Os afectados sinalaron a valminor.info que non abandonarán as medidas ata que reciban unha solución final que devolva a totalidade dos seus aforros atrapados no corraliño das participacións preferentes e débedas subordinadas. Agregaron que é decisión da coordinadora das diversas plataformas comarcais é iniciar medidas similares en tódolos concellos gobernados polo Partido Popular, como xa ocorre no Rosal, O Morrazo e Gondomar.
Os actos de protesta estanse a multiplicar de xeito exponencial ante a noticia do Banco de España dunha quita da inversión entre o 40% e o 70%, o que suporía a perda dos aforros destes veciños que acucian perdas de emprego e incluso o reclamo de pago de impostos por parte da propia administración central se teren en conta a situación económica que atravesan.
Dim lights Embed Embed this video on your site
Dim lights Embed Embed this video on your site