Mércores, 1 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía A Asociación de Empresarios do Val Miñor (OVALMI) crea a Asociación Hostaleira de Gondomar.

A Asociación de Empresarios do Val Miñor (OVALMI) crea a Asociación Hostaleira de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
Empanadas gallegas-diversia

- A iniciativa contará coa colaboración do Concello de Gondomar a través da Concellaría de Turismo e Comercio.

- A primeira actividade no municipio da nova asociación terá lugar os días 17, 18 e 19 de maio, coa celebración do I Certame da Empanada.

A concelleira de Comercio e Turismo de Gondomar Paula Bouzós informa que o propósito da Asociación de Hostalería de Gondomar será o fomento deste eido no municipio, para o que adianta, contará coa colaboración da administración local.

Agrega que os locais do concello que así o desexen tamén poderán adherirse a estas actividades participando nas diferentes celebracións organizadas pola asociación. A primeira cita programada pola Asociación Hostaleira de Gondomar será os días 17, 18 e 19 de maio co I Certame da Empanada.