Venres, 26 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía 5.5 millóns de cupóns da ONCE amosarán a praia Barbeira o vindeiro 21 de agosto.

5.5 millóns de cupóns da ONCE amosarán a praia Barbeira o vindeiro 21 de agosto.

Correo-e Imprimir PDF
cupon-once-barbeira

Un total de 15 praias de Galicia estarán reflectidas no cupón diario da ONCE de luns a xoves durante o mes de agosto. En total  82,5 millóns de cupóns estarán dedicados aos areais da do país. A concellaría de Turismo de Baiona, adianta que de entre máis de 800 praias, a praia Barbeira, foi seleccionada para que o día 21 de agosto apareza reflectida no cupón que se sorteará ese día. O cupón se distribuirá en todo o territorio estatal, aparecendo en 5,5 millóns de cupóns, o que supón para a administración local “unha importante promoción deste areal e da propia vila”.

Esta iniciativa da ONCE está realizada coa colaboración da Axencia de Turismo de Galicia. A presentación da serie tivo lugar hoxe martes, día 29 de xullo, na sala Eisenman da Cidade da Cultura de Santiago de Compostela a cargo do delegado territorial de ONCE en Galicia, Manuel Martínez Pan, e da directora de Turismo de Galicia Mª Nava Castro Domínguez. En representación do Concello de Baiona, acudiu a Concelleira de Turismo, María Iglesias, quen agradeceu á ONCE “o importante labor realizado xa que esta iniciativa supoñerá unha importante promoción turística de Baiona”.