Venres, 26 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía OVALMI lanza a campaña “Sente o Nadal” coa que os clientes poderán gañar vales de compra de até 300€

OVALMI lanza a campaña “Sente o Nadal” coa que os clientes poderán gañar vales de compra de até 300€

Correo-e Imprimir PDF
sente nadal 2014

O comercio local de Baiona, Gondomar e Nigrán adherido a OVALMI agasallará aos clientes con rifas para vales de compra de até 300€. A iniciativa leva 21 anos e volve coa campaña "Sente o Nadal" que premia a fidelidade aos establecementos miñoranos.


Nese senso con cada compra o cliente recibirá unhas rifas con dous números cada unha para participar do sorte de vales de compra que se poderán gastar en calquera dos comercios adheridos.
Serán agraciados os números que coincidan cós premiados no sorteo da lotería de Nadal do vindeiro 22 de decembro.