Venres, 26 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade Unha xanela a novas formas de convivir: a Feira Imaxinaria abre as súas portas este venres en Valadares.

Unha xanela a novas formas de convivir: a Feira Imaxinaria abre as súas portas este venres en Valadares.

Correo-e Imprimir PDF
feira imaxinaria

"Si queres cambiar ao mundo, cámbiache a ti mesmo" dixo "O Bapu", Mahatma Gandhi e aos 24 anos fixo da áhimsa (no violencia), unha ferramenta alternativa para enfrontar as inxustizas. Un século largo despois milleiros de persoas seguen a procurar modelos de acción e convivencia alternativos convencidos que "outro mundo é posible". Algúns practican a vida comunitaria, outros producen e intercambian baixo modelos solidarios e forman redes onde predomina o troco, tamén están os que traballan no eido das novas tecnoloxías con licenzas e protocolos de libre acceso, e máis. Moitos deles son veciños de Baiona, Gondomar e Nigrán. O vindeiro venres 29 de agosto aterrarán na veciña Valadares, no recinto do Alg-a Lab para intercambiar experiencias e compartir información con outros tantos que se achegarán da área metropolitana de Vigo e o resto do país. Chaman ao encontro "A Feira Imaxinaria". E durante tres días farán iso, imaxinar novas estratexias para superar a crise globalizada que non só resta cartos, tamén calidade de vida.

Dim lights Embed Embed this video on your site

Segundo dan conta os fornecedores do encontro, a Feira Imaxinaria ofrecerá espazos "de debate, construción e coñecemento en torno a Redes analóxicas e dixitais, tecnoloxías colaborativas libres e protocolos abertos cos que imaxinar e avanzar cara a novas realidades e culturas colectivas".
Engaden que baixo un concepto de feira tradicional, Feira Imaxinaria concentrará colectivos e proxectos "relacionados coas Economías Alternativas, os Sistemas de Información, as Novas Territorialidades, as Artes Interactivas e outros Modelos de Institución".
Durante tres días a feira desenvolverase a través de obradoiros-workshop, palestras, debates e presentacións, postos de venda ou informativos, instalacións e performances. Un mercado de diversos produtos funcionará ao longo da xornada e implementará unha moeda social propia, a "GZIs" que se poderá adquirir no evento a cambio de euros e que permitirá adquirir as mercadorías ata con 25% de desconto.
O evento ofrece espazos abertos a todo público e outros que requiren inscrición previa. Neste caso, unha web do evento facilita o programa de actividades, así como a inscricións dos interesados cando procede.
Dende o venres 29 ata o domingo 31 de agosto a Feira Imaxinaria dará comezo ás 10 horas para rematar as súas actividades sobre a media noite. O recinto do Alg-a Lab atópase no Camiño da Igrexa nº 254, da parroquia de Valadares.