Sábado, 27 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade VIDEO | Desarticulan banda armada galego-portuguesa que elaboraba e distribuía augardente sen control sanitario nin fiscal.

VIDEO | Desarticulan banda armada galego-portuguesa que elaboraba e distribuía augardente sen control sanitario nin fiscal.

Correo-e Imprimir PDF
armas-e-cartos
alcohol
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

A Policía Nacional e a Garda Nacional Republicana (GNR) de Portugal, desarticularon unha banda que destilaba e vendía augardente ilegal. 

Na operación incautáronse 65.000 litros de alcohol etílico, 350.000 euros en efectivo, 12 pistolas, 4 fusís CETME, 3 escopetas, 2 pistolas detonadoras, 1 pistola eléctrica, 1 granada e 21 vehículos.

Destilaban en Coimbra para vendela clandestinamente por toda Galicia.  Embotelladas e sen etiquetar ou falseando as mesmas, almacenaban as botellas na contorna de Vigo, Ourense e Pontevedra para dende alí distribuír por todo o territorio galego.

Unha operación conxunta da Policía Nacional e a Garda Nacional Republicana de Portugal deu cos responsables. Hai 15 detidos entre cidadáns españois e portugueses segundo o Ministerio do Interior de España. No operativo logrouse incautar 65.000 litros de alcohol etílico có que elaboraban a augardente, 350.000 euros en efectivo, 12 pistolas, 4 fusís CETME, 3 escopetas, 2 pistolas detonadoras, 1 pistola eléctrica, 1 granada e 21 vehículos.

A investigación iniciouse de forma conxunta por axentes da Policía Nacional e da Unidade de Açao Fiscal (UAF) da Garda Republicana de Portugal, sobre un grupo de cidadáns españois e portugueses afincados principalmente nas provincias de Ourense e Pontevedra e na cidade de Coimbra, en Portugal. Ao parecer, os investigados dedicábanse ao transporte de bebidas alcohólicas para a súa distribución sen control sanitario nin fiscal algún.
Unha vez establecidos os correspondentes dispositivos de vixilancia e seguimento, os axentes puideron constatar que os arrestados operaban no norte de Portugal e o sur de Galicia. Desta forma, a Garda Nacional Republicana iniciaba o seguimento destes transportes en Portugal, sendo continuados os mesmos en España por axentes da Policía Nacional.

Con aparencia legal ou sen etiqueta
Finalmente, os investigadores comprobaron como os membros da rede desviaban o cargamento de alcohol procedente dunha destilería de Coimbra (Portugal) con destino a Vigo, Ourense e Pontevedra. Desde estes lugares, o alcohol era posteriormente distribuído sen etiquetar, ou utilizando un etiquetado con aparencia legal. Desta forma, a organización evitaba calquera control sanitario ou fiscal por parte das autoridades tanto españolas como portuguesas. Calcúlase que a fraude fiscal á Facenda en Portugal é duns tres millóns de euros.

41 rexistros domiciliarios
En total realizáronse 41 rexistros domiciliarios, dos cales 11 foron en España e 30 en Portugal. Os axentes interviñeron nestes rexistros 65.000 litros de alcohol (45.000 en España e 20.000 en Portugal), 350.000 euros en efectivo, 12 pistolas, 4 fusís CETME, 3 escopetas, 2 pistolas detonadoras, 1 pistola eléctrica, 1 granada e 21 vehículos.
A operación foi realizada por axentes da UDYCO Central da Comisaría Xeral de Policía Xudicial da UDYCO de Vigo, da UDEV de Ourense e da Garda Nacional Republicana de Portugal,

 

VIDEO