Sábado, 4 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Inés Abril representará o mellor da cociña galega en Madrid

Inés Abril representará o mellor da cociña galega en Madrid

Correo-e Imprimir PDF

Está veciña da parroquia de Priegue de 27 anos representará a Galicia no "XI Campeonato de Cocina de España", que se celebrará estes días en Madrid. O nome de Inés Abril xa resoa nos medios de comunicación e revistas especializadas de gastronomía despois de gañar o IX Campionato Galego de Cociña celebrado a pasada semán en Santiago de Compostela.

En segundo lugar quedou clasificado Carlos Rodal Fraga, do restaurante Los Abetos, de Nigrán, e terceiro foi Alfonso González Pendás, de Casa Pendás, de Sebes-Narón.

Inés Abril, cociñeira do restaurante Maruja Limón en Vigo, preparou para este concurso rexional unha receita de salmón con queixo San Simón e ensalada morna aderezada de hortalizas e follas. E un cordeiro lechal con cogomelos, fabiñas e chícharos.

O xurado desta competición tivo nesta ocasión un carácter marcadamente internacional, xa que formaron parte del especialistas de Estados Unidos e Portugal, ademais dos procedentes de diferentes lugares de España, incluida a representación galega.

Entre os membros do equipo que fallou o premio destacou a presenza de Colette Rossant, columnista de gastronomía do diario norteamericano The New York Times, así como da xaponesa-americana Mini Oka e de varios xornalistas gastronómicos portugueses, con André de Quiroga á cabeza.

Como campiona de Galicia, Inés Abril participará no campionato estatal que terá lugar os próximos días 15 e 16 de abril no marco do "XXII Salón Internacional do Club Gourmets". De ahí sairá a ou o aspirante español ao prestixioso certame internacional Bocuse D´or.