Venres, 26 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán UPyD presenta dous escritos no Concello de Nigrán para debater sobre barreiras arquitectónicas e educación vial.

UPyD presenta dous escritos no Concello de Nigrán para debater sobre barreiras arquitectónicas e educación vial.

Correo-e Imprimir PDF

A eliminación das barreiras arquitectónicas no entorno urbano e a necesidade de cursos escolares de educación vial son dous iniciativas que Unión Progreso y Democracia (UPyD) de Nigrán entende que deben ser debatidas no vindeiro pleno municipal. Para iso presentou nesta xornada dous escritos no Rexistro do Concello, co obxectivo que o alcalde Alberto Valverde as ingrese na orde do día.

 

Jorge Sanromán, portavoz de UPyD, propón elaborar un mapa de "puntos negros" nas zonas máis transitadas do municipio que conteñan impedimentos para o normal desprazamento de persoas con mobilidade reducida. Para logo emprender as obras necesarias para o seu axeitamento á lei 8/1997 de accesibilidade e supresión de barreiras na comunidade de Galicia.

Por outra banda, UPyD entende que desenvolver unha cultura preventiva en materia de educación vial, nomeadamente con cursos cara aos cativos. Nese senso, propón a creación de cursos nos centros escolares de Nigrán a desenvolver neste período 2012 -2013, a cargo da policía local. O proxecto contempla a creación dun "Parque de Educación Vial" para escolares e grupos de maior risco de accidentes.

As propostas só poderán ingresar na orde do día de contar coa aprobación do rexedor municipal, posto que UPyD non conta con representantes no pleno da corporación. Nese senso, Sanromán mostrouse pesimista, na medida que leva presentados varios escritos deste tipo no presente mandato, sen conseguir que pasen a discusión plenaria.

"Como ha pasado en anteriores ocasiones, mucho nos tememos desde UPyD-Nigrán, que el Alcalde no las presente al Pleno para su debate, a pesar de ser mociones de suma importancia para los vecinos de Nigrán", manifestou o portavoz.

Sanromán declarou que espera que nesta instancia o alcalde teña presente que esta agrupación representa a unha parte da veciñanza (371 votos nas municipais de 2011). Agregou que espera que el Alcalde "actúe de manera democrática y participativa, y de cabida a cualquier propuesta que hagan los vecinos o los distintos grupos políticos".