Martes, 7 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O PSOE denuncia a falta socorristas nas concorridas praias de Nigrán durante a fin de semana.

O PSOE denuncia a falta socorristas nas concorridas praias de Nigrán durante a fin de semana.

Correo-e Imprimir PDF
socorrisas

A agrupación do PSOE denuncia que esta fin de semana a pesar que as praias do concello estaban "ateigadas" de persoas, estas atopábanse sen servizo de vixilancia nin socorristas . Cualifican como "grave irresponsabilidade do goberno de Nigrán que ao 16 de xuño "aínda sequera iniciou o proceso selectivo para a contratación do persoal"
Advirte do risco de perder as bandeiras azuis ante esta falla "xa que este é un requisito imprescindible para recibilas e mantelas"

Os socialistas esixen ao alcalde Alberto Valverde a que "no prazo de tempo máis breve posible, seleccionen e poñan a traballar os socorristas de praias ou o persoal voluntario que se ocupa da seguridade e os primeiros auxilios das miles de persoas que enchen as nosas praias."