Sábado, 27 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Debate político en Nigrán cos parlamentario Eva Solla e Antón Sánchez sobre os presupostos 2015 da Xunta.

Debate político en Nigrán cos parlamentario Eva Solla e Antón Sánchez sobre os presupostos 2015 da Xunta.

Correo-e Imprimir PDF
sanchez-solla-age

Alternativa Galega de Esquerda no Val Miñor organiza un encontro aberto á cidadanía para informar e debater sobre os orzamentos autonómicos de 2015. Para iso contarán coa presenza dos parlamentarios de AGE, Eva Solla e Antón Sánchez que dialogarán cos asistentes. Será este venres 12 de decembro ás 20 horas no Hotel Soutomaior de Nigrán.


Os membros locais de AGE, José Cuevas e Xosé Manuel García Crego adiantan que a presenza dos parlamentarios servirá ademais para debater sobre a situación xeral do país e a actividade parlamentaria que está a desenvolver esta formación liderada por Xosé Manuel Beiras (ANOVA) e Iolanda Díaz (EU).
Adiantan que o público asistente poderá intervir e debater sobre a problemática da comarca do Val Miñor e sobre os temas xenéricos que se consideren. "É vontade de AGE manter no futuro inmediato un contacto máis directo e inmediato coa veciñanza miñorana e, para iso, establecerase unha canle de comunicación áxil e doada" sinalan.