A Policía Local de Nigrán detivo a noite do martes a un veciño do municipio (F.M.C.) de 62 anos tras chocar cunha farola e arroxar un resultado positivo por alcoholemia de 0,99 mg/litro de aire aspirado. Practicamente o cuádruplo do permitido.
A Policía Local recibiu unha chamada ás 21,30 horas do servizo 112 comunicando a saída de vía dunha furgoneta na rúa Tomás Mirambell número 91, a cal impactara contra unha farola do alumado público deixándoa esnaquizada.
Os axentes realizáronlle o test de alcoholemia comprobando o mencionado resultado positivo e, polo tanto, trasladaron o vehículo ao depósito municipal.
O detido será sometido a xuízo rápido o sábado 26. Dáse a circunstancia de que xa fora imputado días atrás por conducir baixo os efectos do alcohol, sinala o parte policial.