Sábado, 22 Nov. 2014

Actualizado10:42:58 AM GMT

Estás en Baiona Os comerciantes de Sabarís comezan a notar a baixa de ingresos nos seus negocios ante o caos de organización do mercado

Os comerciantes de Sabarís comezan a notar a baixa de ingresos nos seus negocios ante o caos de organización do mercado

Correo-e Imprimir PDF
Os comerciantes realizaron unha protesta na ponte Vella de Sabarís
Recollida de firmas
Recollida de firmas
Cartaces de protesta nos escaparates
Estado da praza de Cadaval cos feirantes que renegan a marchar
Estado da praza de Cadaval cos feirantes que renegan a marchar
Estado da praza de Cadaval cos feirantes que renegan a marchar
Estado que presentaba a Avda. Julián Valverde
Estado que presentaba a Avda. Julián Valverde
  • Anterior
  • 1 of 9
  • Seguinte

"Ni tenemos mercado, ni han empezado las obras" así de indignados mostrábanse onte un centenar de  comerciantes de Sabarís ante a falta de coordinación e información por parte do Concello.

As cafeterías e supermercados da Avda Julián Valverde notaron xa as consecuencias económicas da reubicación dunha parte do mercado de Sabarís na zona do cemiterio.

Os feirantes de Sabarís tiveron que levantar onte os seus postos, obrigados pola policía local, para volver a montalos na zona do cemiterio. Os vendedores ambulantes foron máis madrugadores que o propio servizo de policía encargado de notificarlle a nova reubicación, comezaron a montar os seus postos nas súas parcelas habituais para minutos depois ter que levantalas e desprazarse ata a zona do cemiterio que tiñan xa asiganda.

A falta de información tanto a comerciantes como aos vendedores ambulantes deslabazou á metade o mercado de Sabarís, quedando unha parte na Praza de Cadaval, ante a negativa destes a moverse da praza, e reubicando ao resto de postos da Avda. Julián Valverde. Entre tanto, o tráfico permaneceu aberto durante toda a mañá, circulando entre alguns postos que permaneceron na rúa, e os peons que circulaban polo medio da carretera como un día de feira normal.

Ante a situación, os comerciantes e empresarios de Sabarís convocaron a socios e veciños a unha concentración pacífica na ponte Vella da Praza de Cadaval, en sinal de protesta pola improvisación nas actuacións do concello e pola falta de información. "Estamos pidiendo información, tenemos propuestas y alternativas y queremos que el concello nos escuche. Porque lo único que están haciendo es daño a los comercios y a las cafeterías sin haber empezado obra ninguna" indicaba unha das empresarias de Sabarís durante a protesta.

Un 70% menos de caixa

Vacías. Así estaban as cafeterías de Julián Valverde que acollen todos os luns a demanda dos almorzos de feirantes e visitantes durante toda a mañá. "Esto es terrible para nosotros. La caja de los lunes suponía el poder pagar casi el sueldo de uno de mis empleados. No entiendo por qué nos están haciendo esto en un momento de crisis tan malo. Si esto sigue así tendremos que cerrar o despedir a gente porque ya no hay trabajo. No entiendo porque nos hacen esto" lamentaba onte un dos donos dunha das cafeterías de Sabarís.

A actvidade propia do mercado non só atrae a turistas na época estival, se non que o propio consumo dos feirantes supoñen importante ingreso para o comercio local, onde cafeterías, tendas e supermercados notaron de xeito esaxerado o baixón de clientes e de ingresos.

Sen información

Unha das palabras máis repetidas onte durante a protesta dos comerciantes e feirantes foi a "falta de información" e a imporvisación do concello. Os comerciantes que estaban ubicados fora das zonas afectadas polas obras descoñecían as intenciósn do concello de desprazar toda a feira ao completo á zona de Ladeira, no cemiterio. E moitos deles negáronse a mover os seus postos porque teñen medo de que coa excusa o mercado non volva ao seu lugar orixinal.  Os comerciantes aseguran que a día de hoxe ainda non teñene un compromiso firme que lles garantice que o mercado continuará na súa ubicación orixinal, unha vez estean rematadas as obras. "El mercado no es unha fiesta. Es un lugar de negocio con 600 años. Un lugar de negocio tanto para feirantes como  negocios locales".   

A ubicación do mercado na zona de Ladeira deixou entrever outras necesidades "básicas" que tampouco foron previstas polo concello. A nova ubicación carece de letrinas públicas, o que provocou as típicas esceas de "desafogo" entre os postos e matorrais, dado que non existen outras alternativas.

A falta de información tamén pillou por sorpresa aos usuarios do autobús Vigo-Baiona, que dubidaban do trazado do ATSA dado que o tráfico non estaba cortado polo interior de Sabarís.

 Os comerciantes propoñen alternativas

COEMSA manifestou ter dúas propostas que evitarían ter que desplazar o mercado e dividilo en dous, afectando aos negocios da zona.

A primeira proposta dos comerciantes é que se manteñá a previsión de urbanización por tramos de 100 m, tal e como contemplaba inicialmente o concello, e reubicar a eses postos na rúa transversal de Jose Pereira Troncoso, dende o Cash ata a rotonda de Ladeira, incluso plantexan a posiblidade de que os postos sexan reubicados no terreo municipal da citada rúa no seu remate coa rotonda do Camping. "El ayuntamiento tiene un terreno al final de esa calle, que si hubieran quitado todos los escombros que están allí, hubierna podido reubicar allí todos los puestos que necesitaban moverse. Se hubiera mantenido todo el mercado junto y no se perjudicaría a nadie porque esa calle ya está cortada todos los lunes." pero esta posiblidade a priori non parece posible precisamente pola acumulación de escollos que se mantén nesa parcela municipal, algo que critican, xa que o concello iniciou este proxecto fai dous anos e consideran que foi tempo suficiente para falar e planificar ben como pensaban executar ás obras.

A outra proposta pasaría por solicitar á empresa que non traballase as mañás dos luns, e que esas horas de traballo as ampliasen nas xornadas do resto da semá.

Todas estas propostas queren trasladarllas ao alcalde por escrito acompañadas polas firmas de veciños e empresarios da zona. Onte recolleron máis de 300 firmas nunha mañá e agardan una reunión urxente cos responsables locais.