Xoves, 2 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Xeira do IEM pola fraga de Oliveira.

Xeira do IEM pola fraga de Oliveira.

Correo-e Imprimir PDF
as xeiras_do_iem

O vindeiro mércores 1 de agosto terá lugar unha Xeira do Instituto de Estudos Miñoranos pola fraga de Oliveira. O percorrido estará guiado por Xosé Ramón García (IEM), con quen visitarase unhas paraxes que están dacabalo dos concellos de Gondomar e Baiona, polas beiras do río da Groba, entre os lugares de A Granxa e Belesar en Baiona, e Abrullido e Oliveira en Gondomar. Deste último recibe o nome. O punto de encontro será no Mercado de Sabarís ás 18 horas.

 

Preto de Baiona e Nigrán, ás costas das praias, mesóns e outros lugares de ocio, está este "paraíso secreto" cos seus feitizos, arrolados polas cantigas de auga que burbullan nas fervenzas e as pozas dos regatos que dan no río da Groba. "Móvese o silenzo", dicía o poeta, e falan en falas codificadas os milleiros de seres que nela habitan.

Flora, fauna e oito muíños comunitarios -patrimonio cultural da bisbarra- serán o centro desta visita. Como é tradicional esta actividade e totalmente gratuíta e para todo público.