O vindeiro venres 31 de agosto terá lugar unha visita guiada do Instituto de Estudos Miñoranos polas mámoas e petróglifos de Amoedo (Pazos de Borbén). O punto de encontro será ás 21:30 horas no Centro Cultural de Amoedo. A saída, organizada polo IEM e a Comunidade de Montes de Amoedo, estará guiada polo arqueólogo Xosé Lois Vilar (IEM).
O enclave a percorrer presenta un conxunto de 22 mámoas e 60 petróglifos -a maioría representativos da arte rupestre abstracta- dos que visitarase os máis representativos. Antes da partida ao monte, Xosé Lois Vilar brindará un coloquio sobre "Mámoas e Arte rupestre en Galicia".
Como en todas as saídas nocturnas, recoméndase levar lanternas, roupa apropiada para o monte e abrigo.