Mércores, 1 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda O espectáculo “Tres contos e pico” do grupo Pavís Pavós abre a VI Semana do Libro e a Lectura en Gondomar.

O espectáculo “Tres contos e pico” do grupo Pavís Pavós abre a VI Semana do Libro e a Lectura en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
fotoPavisPavos

A Semana do Libro e a Lectura 2013, organizada por Espazo Lectura, comezará este luns, 22 de abril, cunha sesión especial do Contomar a cargo do grupo Pavís Pavós e o seu espectáculo Tres contos e pico. Será na Biblioteca de Gondomar a partir das 18:00 horas.

 

Pavís Pavós centra o seu traballo na recuperación do xeito tradicional de contar contos, na investigación e recuperación das formas orixinais dos contos clásicos. Tamén inclúe nos seus espectáculos contos de nova creación e con formatos contemporáneos. Traballa desde 1996 en bibliotecas, colexios, asociacións, feiras do libro... con sesións de contos e obradoiros de animación á lectura para nenos, nenas e tamén para pais e nais. É membro da Rede Internacional de Contacontos.