Xoves, 2 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Marisa Irimia presenta “O misterio das cinco portas” na VI Semana do Libro e a Lectura en Gondomar.

Marisa Irimia presenta “O misterio das cinco portas” na VI Semana do Libro e a Lectura en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
marisa-irimia

- Será o mércores 24 de abril a partir das 18:30 horas. A entrada é libre.

Con motivo da celebración da Semana do Libro e a Lectura, organizada pola asociación Espazo Lectura en colaboración co Concello de Gondomar, a Casa da Lectura (Donas) acolle unha sesión de dinamización especial da man da contadora e ilustradora Marisa Irimia.

Marisa Irimia presentará o espectáculo O misterio das cinco portas: unha historia na que se xoga coa linguaxe e na que, con adiviñas e enigmas, os nenos e nenas descubrirán a maxia do mundo das palabras.