Venres, 26 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Xeiras do IEM: unha viaxe pola arquitectura de Bar Bóo en Gondomar.

Xeiras do IEM: unha viaxe pola arquitectura de Bar Bóo en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
praza-abasto-gondomar

O vindeiro mércores 3 de setembro terá lugar a derradeira Xeira do IEM do verán 2014. A mesma leva por título "A arquitectura de Bar Bóo en Gondomar" e contará coa guía dos arquitectos Antonio Soliño e Rosa Mouriño. O punto de encontro será ás 19:30 horas na Aula de Cultura Ponte de Rosas, na Avenida da Feira nº10, baixo, Gondomar. A andaina non require inscrición previa.

Considerados uns dos pais da arquitectura moderna de Galicia, no que respecta a súa obra en Gondomar, Bar Bóo desempeñou as labores de arquitecto municipal da Vila nos anos 60, o que deixou importantes construcións que inda hoxe perduran: Praza de Abastos (anos 64-69), Centros de Inseminación Artificial Gandeira (ano 65), Edificio Social Irmandade de labregos de San Bieito (Cámara Agraria -1966-), cinematógrafo Gondomar (1967), Edificio de vivendas para D. Antonio Caeiro Álvarez (1968), Edificio Alborés (1968), así como diversas vivendas unifamiliares que inda de menor importancia, non deixan de ser parte do legado que deixou o arquitecto.
Cabe destacar, ademais doutros premios que tivo o arquitecto ó longo da súa carreira profesional, a inclusión dalgunhas obras de Bóo no catálogo da Fundación CO.CO,MO.MO_ Ibérico (documentación e conservación da arquitectura e o urbanismo do movemento moderno), organización creada en 1990 co obxectivo de divulgar e protexer o patrimonio arquitectónico do Movemento Moderno, entre as que se atopa a Praza de Abastos de Gondomar.