Martes, 7 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura As lendas, os naufraxios e a historia do mar, en directo por internet acompañando a ruta marítima do IEM.

As lendas, os naufraxios e a historia do mar, en directo por internet acompañando a ruta marítima do IEM.

Correo-e Imprimir PDF
barco-baiona-tablet

Toda a ruta marítima do Instituto de Estudos Miñoranos deste mércores 9 de xullo poderá seguirse en directo a través de VM.info. Dende o inicio do percorrido ás 21:30 horas en diante, o equipo técnico de K12 Comunicación darán cobertura a toda a ruta, que emitirase en directo por internet dende o propio barco, se as condicións climáticas o permiten, e permitirá seguir as narracións do arqueólogo Xosé Lois Vilar así como interactuar con preguntas e comentarios a través dun chat habilitado na propia web A emisión poderá visualizarse con calquera tipo de dispositivo: ordenador, tablets ou teléfonos móbiles con conexión a Internet.


Con este proxecto colaborativo tentarase achegar o patrimonio miñorano e a experiencia dunha Xeira do IEM a moitas persoas que por distintas razóns non poden participar directamente conxugado coas achegas que ofrecen as novas tecnoloxías. O evento será seguido dende o Val Miñor de ultramar, na Arxentina e Uruguai.