Martes, 7 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Cópera Prima estrea o capítulo piloto da súa web serie este venres no Rañolas de Gondomar.

Cópera Prima estrea o capítulo piloto da súa web serie este venres no Rañolas de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
copera-prima

A web serie Cópera Prima será estreada no Café Rañolas de Gondomar este venres 3 de outubro en dúas sesións, ás 21 e ás 23 horas. Centrada en temáticas relativas á mocidade está rodada en escenarios do Val Miñor por un elenco fornecido por mozas e mozos estudantes da EAV de Vigo, a maioría deles residentes en Gondomar. O proxecto foi premiado polo programa Iniciativa Xove da Xunta de Galicia e contará cunha xira de presentación que a levará ademais a Vigo, Pontevedra, Santiago e A Coruña.

Cópera Prima está baseada nunha idea orixinal de Borja Nande (director da serie) e Gonzálo Rodríguez (encargado da música) e con Irene Iglesias como responsable da produción. A produción audiovisual estivo a cargo da produtora local Ollomol e conta coa colaboración da Concellaría de Cultura de Gondomar.

Carteleira de estreas de Cópera Prima.

Venres 3 de outubro, no Rañolas Cafe de Gondomar, ás 21:00 e ás 23:00 h.

Luns 6 de outubro, no IES Audiovisual de Vigo (EAV) de Bouzas, ás 11:00 e ás 16:30 h.

Martes 7 de outubro, na Casa das Campás (Rúa don Filiberto, 9) en Pontevedra, ás 12:00 e ás 17:00 h.

Mércores 8 de outubro na Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago de Compostela (sala por confirmar), ás 12:00 e ás 17:00 h.

Xoves 9 de outubro, en  A Coruña (detalles a confirmar).

Entrevista de VM.info a Cópera Prima