Venres, 26 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Cópera Prima: a nova web serie que está a xermolar no Val Miñor.

Cópera Prima: a nova web serie que está a xermolar no Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF
copera-prima

Cópera Prima titúlase a nova web serie que tratará temáticas relativas á mocidade e terá o Val Miñor como principal escenario. Os seus fornecedores son un grupo de mozas e mozos estudantes da EAV de Vigo, a maioría deles residentes en Gondomar. Tras presentar este proxecto no concurso do programa Iniciativa Xove da Xunta de Galicia, acadaron un apoio económico para producir o primeiro capítulo piloto que se espera, poda ser estreado no vindeiro mes de outubro. O mesmo contará cunha xira polos campus universitarios de Vigo, Santiago, Pontevedra e A Coruña; antes do seu ingreso nas redes. VM.info falou cos promotores da serie para coñecer detalles do traballo.

Irene Iglesias González (20, Gondomar) sinala que Cópera Prima é ademais do nome da serie o do grupo. Engade que o mesmo creouse para ser "un espazo de encontro e cooperación entre os distintos grupos artísticos da zona, e desa interacción sacar o mellor material posible, xa que dispomos de puntos de vista e formacións moi dispares".
Nese senso, cóntanos que o grupo acolle músicos, compositores, escritores, deseñadores, e actores. "O traballo en conxunto destas persoas servirá para facer unha primeira peza que será difundida e promocionada en formato web e a través dunha xira de estreas polos campus universitarios", engade.
Sen ben o cadro de actores aínda non está pechado, si podemos coñecer algúns deles que ademais do traballo dramático, desenvolverán funcións na produción e rodaxe da serie. Así, ademais de Irene que será a xefa de produción, atopamos aos gondomareños Pedro Alonso (22), Jorge Pacheco (22), Gonzalo Casas (22) Manuel Rodal (21) quen xunto a David García (22, Marín) completan o equipo de Produción de Cópera Prima.
Na área de realización traballan Borja Nande (22, Gondomar) como director da rodaxe, con Gonzalo Rodríguez (19, Gondomar) como asistente. O baionés Cristian Iglesias (23) no script, Samuel Pereiro (23, Gondomar) como asistente de fotografía e Lucía Rodríguez (18, Moaña) será a encargada da fotografía fixa. O son estará a cargo de estudantes da EAV de Vigo.
O grupo espera acadar neste primeiro produto unha achega á realidade da mocidade local, a través de historias que amosaran cunha boa cota de humor os camiños, soños e atrancos dunha realidade que eles viven en primeira persoa. Esperan contar co apoio da veciñanza para completar o proxecto así como a achega económica da administración autonómica para pagar os custes da rodaxe.