Venres, 17 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Últimos días para participar do Encontro de Fotografía Dixital Domingo Pío Quintas Núñez.

Últimos días para participar do Encontro de Fotografía Dixital Domingo Pío Quintas Núñez.

Correo-e Imprimir PDF
concello_gondomar

A mediados de mes publicarase o catálogo da primeira edición dos Encontros de Fotografía Dixital Domingo Pío Quintas Núñez, coincidindo coa inauguración das exposicións temporais en espazos públicos e outros establecementos de ocio do Concello de Gondomar.

Trátase dunha actividade complementaria ás exhibicións nocturnas, onde os fotógrafos participantes no certame en 2010 exporán imaxes pertencentes ás series que se presentaron na edición 2010.

O prazo de recepción de traballos para participar na segunda edición dos Encontros de Fotografía Dixital Domingo Pío Quintas Núñez rematará a mediados de mes de xuño. O día 15 é a data límite de presentación de propostas por parte de fotógrafos, afeccionados e profesionais. Os interesados en tomar parte desta acción cultural da Concellería de Cultura do Concello de Gondomar poderán enviar por correo certificado as súas presentacións, dirixíndose ao Departamento de Cultura, R/ Manuel Alonso s/n (Casa da Cultura), 36380 Gondomar, indicando no sobre “II Encontros de Fotografía Dixital Domingo Pío Quintas Núñez”. Os aspirantes tamén poden entregar os seus traballos en man, no mesmo departamento.

As bases establecen que cada fotógrafo presentará unha serie de imaxes editadas en formato de vídeo. A proxección final deberá ter unha duración de entre 7 e 15 minutos. Tanto as bases como o formulario de inscrición están dispoñibles na páxina web do Concello de Gondomar www.concellodegondomar.com e no Departamento de Cultura oficina 5 nos baixos da Casa de Cultura. Os interesados poden ampliar información no teléfono 986 363 913 ou no correo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo . Os fotógrafos seleccionados poderán exhibir os seus traballos nas exposicións nocturnas que terán lugar nas noites do 1,2, 8 e 9 de xullo en diversos espazos do casco urbano.

Presentación do catálago, exposicións e maratón

Dentro das actividades paralelas do certame, a mediados de mes editarase o catálogo que recolle os mellores traballos dos fotógrafos que participaron na edición de 2010 dos Encontros de Fotografía Dixital. Cunha tirada de 2.000 exemplares, venderanse ao prezo especial de 3 euros nos locais de exposición. Estes mesmos locais acollerán ao mesmo tempo exposicións co traballo destes autores, nunha selección da súa obra.

A programación dos Encontros de Fotografía Dixital Domingo Pío Quintas Núñez incluirá tamén a organización dun maratón fotográfico na noite do Corpus de Gondomar, o 25 de xuño. Aberto a maiores de 16 anos, as fotos tomadas polos participantes formarán parte dunha das series que se proxectarán nas noites do 9 de xullo. É a primeira vez que o Val Miñor acolle un maratón de fotografía.