Venres, 17 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Fotógrafos dos Encontros Domingo Pío 2010 de Gondomar mostraron o seu traballo en Granada

Fotógrafos dos Encontros Domingo Pío 2010 de Gondomar mostraron o seu traballo en Granada

Correo-e Imprimir PDF
As imaxes de Gondomar estiveron presentes no Festival Internacional de Fotografía Emerxente de Granada PA-TA-TA.
{plusone}

• Unha selección das obras dos fotógrafos que participaron na primeira edición dos Encontros de Fotografía Dixital Domingo Pío Quintas Núñez proxectáronse onte na Praza da Catedral da capital granadina.

• Esta acción forma parte do programa de intercambios iniciado pola Concellería de Cultura no marco dos Encontros de Fotografía de Gondomar. A súa vez unha representación de Granada estará presente no mes de xullo en Gondomar. Nas vindeiras semanas pecharanse diversos intercambios con outros certames similares.

Imaxes do pasado e do presente de Gondomar, así como o resto de traballos que protagonizaron a primeira edición dos Encontros de Fotografía Dixital Domingo Pío Quintas Núñez 2010, exhibíronse onte no Festival Internacional de Fotografía Emerxente de Granada PA-TA-TA. As obras de Manikarnika, Hugo Aboal,Miradas de Caracol -Álvaro Sanz-, Miguel Sanjurjo, Carlos Costas e Brunheira proxectáronse na Plaza da Catedral da capital granadina ante numerosos afeccionados á fotografía como parte do programa da noite. O festival Pa-Ta-Ta é un dos certames de fotografía de maior proxección nacional.

Esta iniciativa inscríbese dentro do programa de intercambios que a Concellería de Cultura iniciou co obxectivo de impulsar os Encontros de Fotografía Dixital de Gondomar, dando a coñecer actividade e o traballo dos fotógrafos locais noutros festivais. A cambio, outros certames poderán mostrar as súas propostas en Gondomar, impulsando a presenza de fotógrafos convidados nas noites de exhibicións ao aire libre. Concretamente, Pa-Ta-Ta formará parte da programación da segunda edición do festival gondomareño. A Concellería de Cultura ultima o intercambio de experiencias con outros certames a nivel nacional e internacional.

Inscrición aberta

Os fotógrafos que desexen participar na segunda edición dos Encontros de Fotografía Dixital Domingo Pío Quintas Núñez teñen ata 15 de xuño para presentar a súa proposta.

Tanto as bases como o formulario de inscrición están dispoñibles na páxina web do Concello de Gondomar www.concellodegondomar.com e no Departamento de Cultura -oficina 5- nos baixos da Casa de Cultura. Máis información no 986 363 913 ou no correo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo .