Sábado, 27 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura O Centro Cultural de Parada chama a interesados a participar nos ensaios da rondalla.

O Centro Cultural de Parada chama a interesados a participar nos ensaios da rondalla.

Correo-e Imprimir PDF
listening-to-music

A vida musical de Parada toma novos folgos co inicio dos ensaios da rondalla do Centro Cultural da devandita parroquia de Nigrán. Os mesmos son abertos a calquera persoa que desexe participar, segundo comunicou a comisión directiva. O primeiro encontro tivo lugar o pasado martes e continuarán cada semana nese mesmo día no horario de 21h a 22:30h. Os interesados -que poden provir de calquera parroquia e concello -contan co teléfono de contacto 628986597,posto a disposición polo Centro.