Martes, 30 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura O museo de todos os galegos, en perigo

O museo de todos os galegos, en perigo

Correo-e Imprimir PDF
O agro - Museo do Pobo Galego

AMEGA (Asociación de Medios en Galego) da que forma parte valminor.info, apoia a campaña de procura de socios e socias do Museo do Pobo Galego, para manter viva unha das institucións máis importantes da cultura galega.

O museo precisa de 500 novas inscricións en 2013. 

Bo exemplo é o Museo do Pobo Galego para describir o estado da cultura galega. Síntomas de crise, síntomas de fame, nestes tempos nos que as institucións culturais son vítimas dos recortes provocados por unha visión da cultura como algo secundario. 
O Padroado do Museo, consciente de que os socios e socias constitúen a súa base social, considera preciso “reforzar o museo como institución de toda a sociedade galega como referente dos elementos de identidade que nos definen como pobo”.

Nesa liña arrincan cunha campaña de ampliación de socios, coa intención de alcanzar 500 novas inscricións para finais de 2014. E aí, a rede da Asociación de Medios en Galego (AMEGA) quere poñer o seu grao de area e apoia á campaña cunha acción informativa conxunta.

Da importancia de cada socio

Si coas súas cotas a contribución ao mantemento económico é importante non o é menos a súa función de inserir o museo na sociedade galega, dándolle a vez pluralidade, independencia e fortaleza coma institución.

Así, o reforzamento do Museo do Pobo Galego só pode vir dunha maior implicación na sociedade galega a través dos socios e socias, polo que canto maior sexa o seu número e a súa participación na vida do museo, máis se conseguirá un museo forte, independente e plural, un museo máis “noso”.

Suma un socio, multiplica o teu apoio

A Campaña de Ampliación de Socios inclúe unha flexibilización dos pagos, para facer máis fácil o achegamento de novos socios. Están a habilitar unha ferramenta para a solicitude en liña. Mentres tanto, o boletín de inscrición pódese descargar en .pdf no navegador ou solicitalo ao correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo .

A cota cota mínima anual é de 30 euros, socio xuvenil (menor de 18 anos) é de 11 euros e a do socio institucional, 150 euros. O pagamento da cota dá dereito a desgravación fiscal.

DEREITOS DOS SOCIOS

  • Entrada gratuíta:
  • Recepción de información periódica e invitacións
  • Recepción de publicacións divulgativas
  • Préstamo domiciliario de biblioteca e videoteca
  • 40% de desconto nas publicacións científicas do Museo

INSTITUCIÓNS

  • Préstamo de exposicións temporais
  • Préstamo de materiais para exposicións e actividades
  • Envío de publicacións e material didáctico a bibliotecas públicas
  • Organización de visitas dirixidas para colectivos
  • Asesoramento en materia de etnografía, museoloxía e exposicións.