Venres, 26 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Palestina: “a terra das laranxas tristes”. Visita do profesor Moncho Iglesias ao Val Miñor.

Palestina: “a terra das laranxas tristes”. Visita do profesor Moncho Iglesias ao Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF
moncho iglesias

A vida en Palestina máis alá da violencia, da pobreza, dos foguetes nas rúas ... existe. Aínda que acotío os relatos en imaxes, escritos e sons a ocultan ou restrinxen a cadáveres, orfos , viúvas e viúvos. A recente visita á Aula de Cultura Ponte de Rosas do profesor da Universidade An‐Najah (Nablus-Palestina) Moncho Iglesias Míguez, permitiu a un centenar de veciños da bisbarra achegarse de primeira man a esa realidade, descoñecida para a maioría.

O seu relato de Palestina, sen esquecer o estado de sitio na que se atopa, e do que o profesor é unha das vítimas - xa que non lle está permitido volver a cumprir coas súas aulas- trouxo un mundo de brincadeiras e creatividade que medra en medio do drama. A presenza de Moncho no Instituto de Estudos Miñoranos, o pasado 14 de agosto, abriu unha porta distinta pola que transitar estes territorios; nun relatorio agora dispoñible neste vídeo editado pola asociación miñorana.

Dim lights Embed Embed this video on your site