Domingo, 5 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía Veciños do Val Miñor, entre os afectados no "curraliño" das participacións preferentes de NGB

Veciños do Val Miñor, entre os afectados no "curraliño" das participacións preferentes de NGB

Correo-e Imprimir PDF
Clientes de NGB protestan en Vigo reclamando os seus aforros

Decenas de afectados manifestáronse hoxe no Morrazo e en Vigo reclamando a devolución dos seus aforros bloqueados pola contratación das chamadas "participacións preferentes".

ADICAE calcula que podría haber uns 100.000 clientes das antigas Caixanova e Caixa Galicia, agora NovaGaliciaBanco, que estarían afectados pola contratación "enganosa" deste tipo de producto e que ten bloqueado preto de 1.000 millóns de euros.

Cacerolas, pitos e berros ás portas das sucursais de NovaGalicia Banco na Avenida Gran Vía en Vigo e no Morrazo para reclamar a devolución dos seus aforros bloqueados na contratación dun producto financieiro, as "participacións preferentes" , que contrataron "enganados" polas propias sucursais financieiras.

O caso saltou fai uns días cando María Belén Boo, veciña de Vigo que invertira 26.000 euros procedentes dunha indemnización por un accidente de tráfico, confiou na palabra do director da súa oficina que lle vendeu o producto con total garantía de liquidez podendo retirar o diñeiro aos tres anos.

A sorpresa foi maiúscula cando María Belén acudiu por necesidade a rescatar o diñeiro lle dixeron que a data do vencimento era o 31 de decembro do ano 9.999.

A raiz da denuncia desta clienta, moitos outros clientes revisaron as súas contas de aforro e acudiron ás súas oficinas respectivas, e foi onde se deron conta de que eles tamén se atopaban na mesma situación que esta veciña de Vigo.

Os mesmos directores que antes "lles venderan" a contratación destes productos como un producto similar a unha conta de aforro a plazo e con dispoñibilidade do diñeiro, déronse conta que había contratado unhas accións e que non podían desfacerse delas e cun contrato a perpetuidade.

Neste mesmo caso se atopan varios veciños do Val Miñor e que aseguran que poden haber moitos máis casos, dado que coma eles, non se enteraron ata que a noticia saltou nos medios e acudiron a falar coas súas respectivas oficinas.

"O primeiro día que fumos a preguntar nos dixeron que estivéramos tranquilos, que nun par de meses estaba todo solucionado. Nas seguintes reunións xa nos decían que isto era culpa dos políticos e do Banco de España e a única solución que nos ofrecían era un préstamo ao mesmo interese que as participacións, algo que non estamos dispostos a aceptar" manifestaba unha veciña afectada do Val Miñor. "Só pedimos que nos devolvan os nosos aforros".


NGB busca unha saída a través do Banco de España e da comisión Europea

En declaracións a varias axencias, fontes de Novagalicia Banco manifestaron que están negociando co Banco de España, a Comisión Europea e a Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV) para que lle den a aprobación da amortización das participacións preferentes ou outra alternativa.

ADICAE denuncia a única opción que está ofrecendo NGB aos clientes afectados é un préstamos a oito anos de media, o que considera "un parche" que non resolve o problema.


Que són as participacións preferentes perpétuas?

As participaciósn preferetnes perpétuas non son o mesmo que un depósito xa que non están cubertas polo Fondo de Garantía de Depósitos polo que no caso de quiebra da entidade os clientes perderían toda a súa inversión. Por outra banda non teñen liquidez sendo una mezcla entre accións e renta fixa.

A súa rendabilidade por outro lado non está asegurada tal e como creían os clientes, xa que o pago dese interese anual depende de si o banco ou empresa da que mercamos as participaciósn obteu ou non beneficios ou se pagará dividendos nese ano.

Estas participacións pódense vender como as accións, pero sempre e cando haxa alguén que as queira comprar ao mesmo prezo, e sen garantías de recuperar a inversión incial.

E ese é o problema actual. As participaciósn preferentes de Caixanova e Caixa Galicia que venderon a preto de 100.000 clientes como se fose un fondo de inversión,  perderon o seu valor fai uns meses cando se afundiu o mercado secundario onde operaban. A solución que ofreceron entón outros bancos como Bankia, Caixa Cívica ou CaixaBank foi ofrecer aos seus clientes canxear estes productos por accións ou débeda subordinada, algo que NGB non pode facer polo de agora.

 

Protesta en Vigo
Dim lights Embed Embed this video on your site

Protesta en Cangas
Dim lights Embed Embed this video on your site

Protesta en Moaña
Dim lights Embed Embed this video on your site