Domingo, 5 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía NGB acusa á prensa de perseguir intereses empresariais pola publicación do "curraliño das preferentes"

NGB acusa á prensa de perseguir intereses empresariais pola publicación do "curraliño das preferentes"

Correo-e Imprimir PDF
concentracion vigo_preferentes_nova_galicia_banco

O tema das "participaciósn preferentes" está afectando aos aforros de 100.000 clientes das antigas Caixanova e Caixa Galicia que teñen bloqueados preto de 1.000 millóns de euros, según as cifras que manexa ADICAE.

Os afectados aglutínanse en distintas plataformas que trasladan os casos directamente a ADICAE para engrosalos na demanda iniciada contra 8 entidades bancarias que manteñen bloqueado o diñeiro dos seus clientes.

As plataformas de afectados teñen convocada unha concentración este xoves ás 17h diante das oficinas da central de NovaGaliciaBanco en Vigo.

A Oficina de Relación con Inversores de NGB culpa aos medios de alarmar aos cidadáns.
Nos últimos días chegaron a esta redacción, e a outros medios galegos como Galicia Confidencial, mensaxes de afectados queixándose pola información ofrecida dende as oficinas de NGB. Nun correo electrónico a un veciño do Val Miñor, a Oficina de Relación con Inversores da entidade culpa aos medios de alarmar innecesariamente aos cidadáns “en consonancia cos seus intereses empresariais”. 

Con frecuencia los medios de comunicación distorsionan las noticias para conseguir un mayor impacto o en consonancia con sus intereses empresariales, esto causa a veces un gran perjuicio a empresas que están haciendo bien las cosas pero que ven dañada su reputación.
Le garantizamos que sus ahorros están totalmente seguros en nuestra entidad. Tenemos un proyecto sólido y solvente, así como un equipo directivo de primera línea para llevarlo a cabo. Despues de la inyección de capital de 2.500 millones de euros efectuada por el gobierno, nuestra solvencia y liquidez es una de las más altas del sector.
Un cordial saludo
Oficina Relación con Inversores
Novagalicia Banco

 
O gabinete de comunicación de NGB declara non ter coñecemento destes correos.
A redacción de Galicia Confidencial GC púxose en contacto co gabinete de comunicación de NGB. “No que respecta aos correos recibidos por clientes, non temos constancia da súa existencia e, polo tanto, non responden a unha comunicación oficial da entidade”, explica os responsábeis da comunicación de NGB.

Os clientes van poder recuperar o diñeiro pronto?
O banco respondeu a GC sen solucións concretas, pero apuntando que se está avanzando para salvagardar os investimentos dos cidadáns: “Novagalicia é consciente da problemática que supón aos seus clientes minoristas a actual falta de liquidez no mercado das participación preferentes e está tentando consensuar con outras entidades financeiras, o Banco de España, a CNMV e a Comisión Europea unha solución para titulares de preferentes que non supoña un prexuizo e agravio comparativo para outros clientes”. 

Cando se chegue a unha solución, NGB promete que os primeiros en cobrar serán os pequenos investidores. O seu gabibete explica que “aínda que as suscripcións colocáranse tanto a clientes particulares como a inversores cualificados, a solución que está a buscar a entidade beneficia soamente aos minoristas que non son profesionais da inversión financeira”.

A prensa galega trata mal a NGB?
Según apuntan dende a redacción de Galicia Confidencial, sobre a presunta acusación de responsábeis de NGB de que a prensa alarma innecesariamente por intereses dos propios medios, cómpre ter en conta que a práctica totalidade de cabeceiras do país arrastra importantes débedas con esta entidade. Ademais, NGB é un dos principais anunciantes da industria da comunicación galega.

O problema non é exclusivo nin de Galicia nin de NGB. Segundo ADICAE, até oito entidades (Banco de Sabadell, BBVA, CAM, Catalunya Caixa, La Caixa, Nova Caixa Galicia, Banco Santander e Banca Cívica) teñen "atrapados" 30.000 millóns de aforros dos españois.

Os casos no Val Miñor 
O caso das preferentes saltou fai unhas semanas cando María Belén Boo, veciña de Vigo que invertira 26.000 euros procedentes dunha indemnización por un accidente de tráfico, confiou na palabra do director da súa oficina que lle vendeu o producto con total garantía de liquidez e dispoñibilidade unha vez pasados os tres anos de depósito. A sorpresa foi maiúscula cando María Belén acudiu por necesidade a rescatar o diñeiro e lle dixeron que a data do vencimento era o 31 de decembro do ano 9.999 e que non podía retirar o diñeiro depositado. A raiz da denuncia desta clienta, moitos outros clientes revisaron as súas contas de aforro e acudiron ás súas oficinas respectivas, e foi onde se deron conta de que eles tamén se atopaban na mesma situación que esta veciña de Vigo.

Tal e como adiantamos no seu día, veciños do Val Miñor atópanse entre os afectados neste "curraliño" de NGB. Os afectados estanse coordinando a través dunha plataforma que abarca aos clientes do Val Miñor e Vigo que traballan conxuntamente coa plataforma de afectados do Morrazo. Todas as súas queixas e reclamacións están sendo canalizadas a través de ADICAE, a asociación que iniciou recentemente a demanda contra 8 entidades polo tema das "preferentes perpétuas".

As plataformas convocan para este xoves unha concentración de protesta diante das oficinas da central de NGB en Vigo ás 17h. 

Que són as participacións preferentes perpétuas?

As participaciósn preferetnes perpétuas non son o mesmo que un depósito xa que non están cubertas polo Fondo de Garantía de Depósitos polo que no caso de quiebra da entidade os clientes perderían toda a súa inversión. Por outra banda non teñen liquidez sendo una mezcla entre accións e renta fixa.
A súa rendabilidade por outro lado non está asegurada tal e como creían os clientes, xa que o pago dese interese anual depende de si o banco ou empresa da que mercamos as participaciósn obteu ou non beneficios ou se pagará dividendos nese ano.
Estas participacións pódense vender como as accións, pero sempre e cando haxa alguén que as queira comprar ao mesmo prezo, e sen garantías de recuperar a inversión incial.
E ese é o problema actual. As participaciósn preferentes de Caixanova e Caixa Galicia que venderon a preto de 100.000 clientes como se fose un fondo de inversión, perderon o seu valor fai uns meses cando se afundiu o mercado secundario onde operaban. A solución que ofreceron entón outros bancos como Bankia, Caixa Cívica ou CaixaBank foi ofrecer aos seus clientes canxear estes productos por accións ou débeda subordinada, algo que NGB non pode facer polo de agora.

Teléfono da plataforma de afectados do Val Miñor 617 89 08 44 - Teléfono de ADICAE 986 22 66 42