Luns, 6 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía Gondomar pon a disposición liñas de axuda para persoas e familias con dificultades económicas.

Gondomar pon a disposición liñas de axuda para persoas e familias con dificultades económicas.

Correo-e Imprimir PDF
casa-cultura-gondomar

Segundo deu a coñecer o Concello de Gondomar, estas axudas están dirixidas a persoas individuais ou unidades familiares que carezan de medios e nas que concorran factores de risco. Poden ser aplicadas aos gastos orixinados polas necesidades básicas, con carácter xeral aloxamento como poden ser os alimentos. Tamén axudas de uso e mantemento de vivenda: gastos de subministros (electricidade, auga, gas), ou de alugamento.

Lembran que o Concello dispón dunha liña de axudas de emerxencia social destinadas á atención de casos nos que concorran factores de risco e para iso está a recibir aos veciños na oficina localizada na planta baixa da Casa da Cultura. Tamén está a disposición o teléfono 986 360 168 para consultas.