Venres, 26 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía Conflito sindical en Citroën

Conflito sindical en Citroën

Correo-e Imprimir PDF
Factoría Citroën en Vigo

A CUT denuncia a actitude dalgúns sindicatos e da dirección da factoría por negarse a convocar o novo comité ata o día 3 de novembro. Pide unidade sindical.

A dirección da factoría Citröen en Vigo acaba de abrir unha nova negociación cos seus traballadores xusto cando se acaba de elixir un novo Comité de Empresa. Sen embargo, e segundo denuncia unha das centrais que acaba de obter representación neste comité, a CUT, a empresa non quere convocar o novo Comité ata o vindeiro día 3 de novembro.
Nesta negociación, a empresa propón unha rebaixa salarial e a súa conxelación nos vindeiros anos, un punto que non agrada a esta central sindical que critica que, unha vez celebradas as eleccións e entregadas as actas de votación na OPR ( Oficina Publica de Rexistro), xa expirou o antigo comité e legalmente é o novo quen ostenta a representación dos traballadores. Sen embargo este non se convoca.

A través dun comunicado, a CUT denuncia que xa expirou, polo tanto, o mandato do presidente do anterior comité e di que a comisión negociadora debe ser avalada por unha reunión previa do órgano Comité de Empresa. “Pero, non queren reunir ó vello nin ó novo”, subliña ao precisar que unha comisión negociadora constituída antes de constituír o novo comité non representa máis que “aos intereses persoais e particulares dos que asisten”.

Ademais, subliña que os temas a tratar son “de moita importancia”. “Entendemos as presas que está a meter intencionadamente a empresa, para que xoguen ao seu favor. Non entendemos a postura dos outros sindicatos. Pola súa regra de tres, que negocie Ana que para iso ten a maioría”, apunta.

E é que este sindicato entende que debe ser o conxunto do Comité, do novo, quen negocie ou cando menos quen decida como negociar. “Neste sentido xa enviamos a petición a empresa e amosamos a nosa dispoñibilidade a que se negocie incluso sábados e domingos, e solicitamos que se constituíra por vía de urxencia o novo Comité”, aclaran.

Por iso, anuncian que fan un chamamento a unidade sindical para adoptar unha postura “conxunta é sensata”, apelando ao sentido común das outras seccións sindicais fronte ao que considera un abuso por parte da empresa “ventajista e chantajista”.

“Esperamos a que a empresa amose datos reais e cifras e non se limite a facer presentacións. Os traballadores e traballadoras levamos moitos anos a facer sacrificios para non perder salarios, persoal ... e todos estes esforzos caen en saco roto ante a vórtice das cifras patronais e aumento do marxe operativo. Perdemos dereitos, cartos, traballamos cada vez a ritmos máis altos e perdemos plantilla”, indica. Este sindicato tamén teme que a negociación poña en perigo a construción do novo K9.

Do medio colaborador - Galicia Confidencial