Domingo, 19 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais

Méndez Ferrín dimite como presidente da Real Academia Galega

Correo-e Imprimir PDF

Xose Luis Méndez Ferrín - CC BY-SA Vieiros.comXosé Luís Méndez Ferrín presentou esta mediodía a súa dimisión como Presidente da Real Academia Galega. Fíxoo por carta, á comisión executiva da institución e aos membros numerarios. Tamén renuncia á súa condición de membro numerario da RAG. Ferrín agradeceu de maneira especial o labor do secretario, Xosé Luís Axeitos, e a boa parte dos académicos. Non obstante, criticou que outros "académicos e académicas, unidos a persoas externas, fixéronme sentir que eu non teño sitio na Academia".

A listaxes de cursos AFD 2013 para desempregados de Gondomar farase pública nos meses de maio ou xuño

Correo-e Imprimir PDF

oficina inem_val_minorA concelleira Natalia Salgueiro informou que o Concello de Gondomar procedeu a presentar as solicitudes, tanto pola vía ordinaria como pola vía convenio, para optar á liña de axudas convocada cada ano pola Xunta de Galicia para o desenvolvemento dos cursos AFD. Sinalou que a resolución ás solicitudes presentadas non se coñecerán, previsiblemente, ata os meses de maio ou xuño.

Prognosticábanse choivas para este venres en Gondomar…. e choveu. Afectados polas preferentes

Correo-e Imprimir PDF

Rafael Louzán e os alcaldes do Val Miñor tiveron un encontro inesperado coa afectados polas preferentes e subordinadas en Gondomar. Crónica dun "cara a cara" de máis de dúas horas entre os aforradores afectados polas preferentes e subordinadas con Rafael Louzán e os alcaldes do Val Miñor.

Membros das plataformas de afectados polas preferentes e subordinadas tiveron un especial cara a cara co presidente da Deputación, Rafael Louzán, este venres en Gondomar. Ao rematar un acto cultural abordáronlle ca fin de que asinara unha declaración na que se comprometía a dimitir do Partido Popular se os "xefes populares" non mudaban a súa actitude con respecto ao conflito das preferentes e subordinadas para que os afectados poidan recuperar todos os seus cartos. Declaración que fora asumida polo alcalde popular de Oia durante a mañá.

"Rosalía non entende de donos; naceu libre e está viva".

Correo-e Imprimir PDF

rosalia-preferentesPresentamos o vídeo "Todas con Rosalía" que estase a proxectar por todo o país con motivos do Día de Rosalía de Castro.

O PP de Oia ameaza con pasar ao grupo mixto se os populares non mudan a súa política sobre as preferentes

Correo-e Imprimir PDF

xulio vicenteO grupo municipal do Partido Popular en Oia, que goberna o Concello con seis dos once concelleiros, abandonará a formación e pasará ao grupo mixto se os populares non mudan a súa actitude con respecto ao conflito das preferentes e subordinadas para que os afectados poidan recuperar todos os seus cartos. Ese é o compromiso ao que o alcalde Alejandro Rodríguez chegou cun grupo de afectados que esta mañá irromperon no pleno municipal e que obrigaron a suspender a sesión.

Sesión de lectura compartida e visita ao Castro da Pedra Moura para adolescentes.

Correo-e Imprimir PDF

 

O sábado 23 de febreiro a Casa da Lectura acolle a partir das 12:00h unha nova sesión do Comando Le, o grupo de activismo cultural de Espazo Lectura, dirixido a rapaces e rapazas de 12 a 15 anos, que este trimestre organiza as súas actividades arredor do tema Mundos fantásticos. A sesión abrirase cunha conversa sobre a lectura da novela Cartas de inverno, de Agustín Fernández Paz, e do cómic que Antonio Seijas acaba de publicar a partir desa novela. Nesta parte da sesión contarase coa presenza de Félix Rodríguez, coordinador do club Lecturas debuxadas de Espazo Lectura, con quen se analizará o traballo de adaptación entre a novela e o cómic.

Presentación do libro "Un percorrido pola historia do Val Miñor", de Carmen Pérez Pérez.

Correo-e Imprimir PDF

 

libro-val-minorEste venres 22 de febreiro de 2013 ás 20 horas terá lugar a presentación do libro Un percorrido pola historia do Val Miñor, de Carmen Pérez Pérez. O acto terá lugar na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira, Nº 10 baixo, Gondomar).

Os cativos do Val Miñor fan a súa homenaxe a Rosalía de Castro.

Correo-e Imprimir PDF

nenos-belesarO vindeiro domingo 24 de febreiro conmemórase en todo o país o Día de Rosalía de Castro, no que será o 176 aniversario do seu nacemento. No Val Miñor terá lugar un extenso programa de actividades culturais promovidas polos centros de ensino e diversos colectivos socias que sumaranse á homenaxe a escritora fundacional. Lecturas de poemas e proxeccións de audiovisuais terán lugar en varios centros de estudo. Para o domingo 24 está convocada unha gran alborada gaiteira nas vilas e parroquias da bisbarra.

Presentación en Gondomar da Revista Galega de Educación de Nova Escola Galega na libraría Libraida.

Correo-e Imprimir PDF

-O acto organizado por Espazo Lectura e a libraría Libraida terá lugar este xoves 21 de febreiro ás 20:30 horas na libraría (Rúa Rosalía de Castro nº 13)

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL