Sábado, 18 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais

Teatro infantil en Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

a-histoira-de-marintO Salón de Actos do Concello de Nigrán albergará a obra infantil "A historia de Martín", este domingo 27 de xaneiro ás 18 horas. A posta en escena estará a cargo do grupo de teatro Animar-T. O custe da entrada é de 3 euros.

Espazo Lectura celebra o seu 5º aniversario este sábado 26 cun "asalto poético" polas rúas de Gondomar

Correo-e Imprimir PDF

casa-da-lectura-2Este sábado 26 de xaneiro cúmprense 5 anos da constitución da asociación Espazo Lectura, que quere celebralo cunha acción lectora coa que visibilizar o seu traballo a prol da lectura e convidar os gondomareños e gondomareños a achegarse á poesía. Entre as 10:30h e as 12:00h do sábado 26 sairán polas rúas, establecementos comerciais e espazos públicos de Gondomar grupos de voluntarios e voluntarias de Espazo Lectura que "asaltarán" as persoas coas que se atopen para lerlles un poema e compartir así con eles o espírito de sociedade lectora que Espazo Lectura quere fomentar desde a súa campaña "Gondomar, lendo para medrar". Ademais, para celebrar este 5º aniversario, Espazo Lectura inaugurara esta semana un novo sitio web, máis atractivo e moderno, para difundir as súas actividades e conectar dun xeito máis doado coa sociedade: www.espazolectura.org

Cancións, xogos e lecturas para bebés, nais e pais na Casa da Lectura de Donas.

Correo-e Imprimir PDF

contos-en-cueirosA nova actividade de Espazo Lectura destinada a bebés celebra sesión o venres 25

Aberta a inscrición para o desfile de comparsas de entroido en Baiona

Correo-e Imprimir PDF

A parroquia de Belesar recuperou o ano pasado o seu entroido máis tradicional - Foto 1punto1fotografia.comConcello de Baiona publica as bases para a participación no concurso de comparsas de entroido 2013 na vila real. As inscricións deberán facerse nas oficinas do Concello dende o martes 15 xaneiro ate o venres 8 de febreiro en horario de 9 a 13h e as comparsas deberán ter un mínimo de 8 persoas. A participación no desfile de comparsas tamén terá premio.

O Concello de Gondomar oferta 5 bolsas de prácticas laborais para titulados universitarios

Correo-e Imprimir PDF

concello gondomar-O prazo de solicitude remata o vindeiro 25 de xaneiro

Martes de cómics na Biblioteca de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

comic portugalEste martes, 22 de xaneiro, ás 20:00 horas, terá lugar na Biblioteca de Gondomar a cita mensual do club Lecturas Debuxadas, da Asociación Espazo Lectura. Nesta ocasión, o cómic sobre o que versará a xuntanza é Portugal (Normal, 2012), de Cyril Pedrosa.

O Val Miñor no NO-DO de RTVE

Correo-e Imprimir PDF

A dixitalización levada a cabo polo ente público de Radio Televisión Española dos programas do NO-DO (Noticiarios y Documentales) permiten recuperar e aceder a todos os documentos audiovisuais nunha filmoteca clasificada temporalmente e con búsquedas por palabras clave.  Esta ferramenta é a que nos permitiu recuperar neste artigo os únicos 6 vídeos do NO-DO relativos ao Val Miñor.

O Non-Do (Noticiarios e Documentais), creouse o día 29 de setembro de 1942 pola ditadura do Xeneral Francisco Franco como un servizo de difusión de noticiarios e reportaxes de obrigatoria exhibición nos cinemas de España, posesións e colonias. Este noticiario servía por unha banda de aparello de propaganda do franquismo e por outro de fío de unión dos españois co mundo. A súa primeira proxección tivo lugar o 4 de xaneiro de 1943 e así se mantivo ata que, en 1975, deixou de ser obrigatorio. A produción cesou en 1981. En decembro de 2012 RTVE.es e Filtomoteca abren estes documentos excepcionais da historia da transformación de España á súa consulta libre en Internet.

Os 6 vídeos relativos ao Val Miñor céntranse principalmente no Parador de Baiona (Parador de Gondomar) e aos actos relixiosos de ofrenda na Igrexa de Panxón en Nigrán.


video3

Peregrinación Jacobea - El Frente de Juventudes y  Falange Juveniles realizan el Camino de Santiago.  El puerto marinero de Panjón acoge una ofrenda floral.
02 de agosto de 1954  - Minuto 05:32


video6

Ceremonia Votiva en el Tempo de Panjón
24 de setembro de 1962 - Minuto 00:17


video1

 Inauguración del monolito en Bayona La Real en recuerdo de la arribada de la carabela "Pinta"
05 de Abril de 1965 - Minuto 00:17


video2

El gran parador de Monte Real en Pontevedra . El Ministro de Informaicón y Turismo, D. Manuel Fraga Iribarne, visita las obras.
12 de xullo de 1965 Minuto 00:17


video5

El Generalísimo visita a bordo del Azor, el recién inaugurado Parador Conde de Gondomar guiados por el ministro de Información y Turismo D. Manuel Fraga Iribarne.
28 de agosto de 1967 - Minuto 07:08


video4

España en color - Promoción del nuevo parador de turismo de Gondomar en Bayona
6 de outubro de 1969 - Minuto 07:01

Baiona será a sede do II Encontro de Coros Tradicionais "Cantares no Miñor".

Correo-e Imprimir PDF

cartel cantares_minor_2013_-Cantares do Brión confirmou nesta xornada a celebración do II Encontro de Coros Tradicionais "Cantares no Miñor".

-Sábado, 26 de xaneiro, ás 20,00 horas, en Baiona, no Auditorio Municipal V Centenario.

- A Coral de Ruada (Ourense) intervirá como invitada desta segunda edición do Cantares no Miñor. A presentación estará a cargo de Leo de Matamá.

Ábrense inscricións para curso de informática dirixido a desempregados do concello de Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

ordandor taza_boliUn curso de iniciación á informática será impartido o vindeiro mes de febreiro polo Concellaría de Promoción Empresarial, Comercia e Emprego de Nigrán. O mesmo está dirixido especialmente para persoas desempregadas empadroadas no municipio. O prazo de inscrición ábrese o vindeiro luns 21 de xaneiro e ata o dia 31 do mesmo mes no rexistro do Concello, o Centro Antena municipal e o Departamento de Emprego en horario de oficina.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL