Domingo, 19 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Veciños de Gondomar traballan no reciclaxe de plásticos para embelecer a Alameda da Vila.

Veciños de Gondomar traballan no reciclaxe de plásticos para embelecer a Alameda da Vila.

Correo-e Imprimir PDF
simbologia-reciclar-plastic

Si é veciño de Gondomar non tire os envases plásticos desta semana ao colector de lixo. Un grupo de veciños do municipio está a traballar con eles co fin de embelecer a Alameda da vila cara ao Entroido infantil de febreiro. Para iso, colocaron uns depósitos na fronte da Casa da Cultura e no CDL (a escola vella) de Gondomar, a fin cos veciños acheguen botellas plásticas, envases de iogur, natillas, etc.

 

A actividade desenvólvese nun entorno con ampla participación de nenos e nenas, informou Yolanda Santos, presidenta da Asociación de Mulleres Rurais San Benito, que co apoio da Concellería de Cultura organizan o obradoiro tódolos venres. Con esta iniciativa, as mulleres rurais queren incentivar a integración das familias a través da labor conxunta de nenos e maiores. Para iso invitan aos responsables dos pequenos a que tamén eles participen do taller. Aínda que os que xa son mozos poden concorrer sos.

Os interesados en participar deben concorrer este venres 27 de xaneiro á planta baixa do CDL. O obradoiro está aberto dende as 17 ás 20 horas. A actividade inclúe a formación teórico - práctica no eido do reciclaxe. O taller se desenvolverá tamén os días venres 3 e 10 de febreiro.