Venres, 3 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar O Novo Proxecto Común presenta moción para o cobro do IBI á Igrexa Católica en Gondomar.

O Novo Proxecto Común presenta moción para o cobro do IBI á Igrexa Católica en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
garcia-crego

O concelleiro Emilio García Crego (NPC-Gondomar), defenderá o cobro do IBI aos bens da Igrexa Católica no pleno municipal de Gondomar a celebrarse este xoves 7 de xuño. O mocionante sostén que a institución relixiosa "vive nun paraíso fiscal ilexítimo e presuntamente ilegal", onde goza de "enormes exencións fiscais", cando na súa opinión "a cidadanía sofre intensamente as desoladoras consecuencias da asfixiante crise económica".

García Crego proporá ao Concello de Gondomar que esixa ao Goberno Español e ás Cortes Xerais, que a través da Lei de Presupostos que se debate para o exercicio de 2012, se suprima da Lei de Facendas Locais a exención do IBI (imposto de bens inmobles rústicos e urbanos) á Igrexa Católica e a outras confesións relixiosas, coa excepción de aqueles inmobles dedicados ao culto que figuren como Bens de Interese Cultural ou declarados como Patrimonio Histórico ou da Humanidade.

O nacionalista, tamén solicita un censo en Gondomar dos bens inmobles rústicos e urbanos que están censados e rexistrados a nome da Igrexa Católica e doutras confesións relixiosas, así como das súas entidades e asociación afíns.

No mesmo escrito, se pedirá que o Concello de Gondomar inste ao Parlamento español a que se derroguen ou "se incumpran" os Acordos do Estado español coa Santa Sé, especialmente o de Asuntos Económicos," xa que esta entidade relixiosa os incumpre, obrigando ao autofinanciamento da igrexa católica, como se contempla nos devanditos Acordos e consecuentemente a iso se elimine do IRPF a "casilla" de asignación a igrexa católica".

Por último a moción insta ás Cortes Xerais que fagan as modificacións pertinentes na Lei de Facendas Locais, na Lei de Mecenado e Fundacións "e outras normas locais e leis estatais e autonómicas, para evitar inxustificables exencións do IBI e doutros impostos á igrexa católica e a outras entidades xurídicas".