Domingo, 28 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Urbanismo de Nigrán anuncia o remate das execucións das inversións medio ambientais do FEIL.

Urbanismo de Nigrán anuncia o remate das execucións das inversións medio ambientais do FEIL.

Correo-e Imprimir PDF
saneamento

Coa finalización das obras de Saneamento na Rúa Cotros de Abaixo en San Pedro da Ramallosa o Concello de Nigrán remata as obras de saneamento e abastecemento de auga a través do FEIL (Fondo Estatal de Inversións Locais), dotando de instalación da recollida de augas residuais as rúas, Salgueiral, Torriña, Caruñas, Monte Castelo, Palanca, Lameira, O Solgo, Pazos, Reboreda, Cova, Navás, Rúa das Pedras, Santiago de Parada, Volta do Médico, Rúa Telleira, Ponte Muiña, Gándara, A Barxa, Cotros de Abaixo e Barrio da Cruz-Cruceiro cunha inversión de 886.965,64€ e de abastecemento de auga nas rúas Palanca, O Solgo, Navás, Condomínguez, Sanromán, Palomar, Nogueira, Cea e Pombal cunha inversión de 220.488,76€, informou a Concellería de Urbanismo do municipio.

Un total de 1.107.454,40€ de inversión que achega o saneamento a o 95% dos seus cidadáns e o abastecemento de auga a case que o 100% das parroquias de Priegue e Nigrán,segundo o informado polo concelleiro Juan González.