Luns, 6 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Louzán comprometeu recursos para garantir o bo estado das praias e espazos públicos de Nigrán.

Louzán comprometeu recursos para garantir o bo estado das praias e espazos públicos de Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF
Louzán entrega unha obra dun artista pontevedrés ao alcalde de Nigrán

O presidente da Deputación de Pontevedra Rafael Louzán comprometeu recursos e medios que garantan o mantemento e bo estado de praias, xardíns e espazos públicos, na súa visita deste luns 20 ao concello de Nigrán. Louzán foi recibido polo alcalde Alberto Valverde e mais o seu equipo de goberno, nunha xuntanza onde cada concellería fixo saber ao presidente as necesidades actuais do concello nas súas respectivas áreas de traballo.

Tras a reunión mantida na alcaldía o presidente da Deputación e o alcalde percorreron algunhas das obras financiadas polo PID no último ano, para comprobar o estado das mesmas. Nesta visita, Rafael Louzán constatou o estado das obras de San Roque, "as cales esixen unha serie de actuacións de mellora inmediatas" comunican dende o concello. O presidente da Deputación comprometeuse a facilitar os medios necesarios para rematar as obras desta praza para o próximo mes de agosto, data coincidente coas festas de San Roque na parroquia de Camos.

Valverde agradeceu a visita e disposición de Louzán e cualificou o encontro como moi positivo. “Hemos puesto al día al presidente de la diputación de las necesidades y carencias que a día de hoy tiene nuestro municipio, estableciendo como prioritario la limpieza y el mantenimiento de playas, jardines y espacios públicos, dada la época del año en la que nos encontramos” manifestou o alcalde.

Pola súa banda, Rafael Louzán agradeceu o convite do Concello para coñecer a situación actual de Nigrán, e aproveitou a ocasión para felicitar a Valverde polo seu nomeamento como deputado provincial, que se fixo efectivo o pasado iernes. “Los vecinos y vecinas de Nigrán tienen a una persona muy capacitada e ilusionada como alcalde, que trabajará con responsabilidad por ellos y por el municipio”, opinou Louzán.