Luns, 6 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O goberno en minoría de Nigrán busca acordos coa oposición para aprobar os orzamentos 2014.

O goberno en minoría de Nigrán busca acordos coa oposición para aprobar os orzamentos 2014.

Correo-e Imprimir PDF
Pleno de Nigrán

O primeiro documento cos orzamento do 2014 alcanza os 12.768.767 euros, e xa está a estudo dos grupos da oposición. A cifra primaria supera en 192.690 euros aos do 2013, e deberá obter o visto e prace dalgúns dos 9 concelleiros da oposición, que conforman o pleno de 17 edís de Nigrán.

Dende que en setembro de 2013 o concelleiro Ignacio Vilas, abandonara o grupo de goberno popular, a dinámica política da administración local cambiou de xeito drástico. Tras anos de "rodillo da súa maioría absoluta" o PSOE salienta a postura do alcalde Alberto Valverde de chamar ao diálogo á oposición na procura dun consenso que permita uns orzamentos que aposten polo emprego , os servizos sociais "e as necesidades básicas da poboación".